Mostrando entradas con la etiqueta Infantil 2009 2010. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Infantil 2009 2010. Mostrar todas las entradas

27 may 2010

Infantil

Comenza este último partido de liga gardando un minuto de silencio na honra do noso benquerido Barros que nos abandonaba, home que tanto e tanto fixo polo noso equipo desinteresadamente perante moitos anos.
Despois de este emotivo minuto de silencio comenzan os nosos rapaces mostrando o guión que Guille marcara para este partido, chegando xa a primeira ocasión de gol ós dez segundos do arranque por medio de José que envía o balón ó poste para, na seguinte xogada remachar o primeiro gol cando aínda non transcurrira o primeiro minuto de xogo. Sigue o dominio absoluto dos nosos o que nos trae outros tres goles máis por medio de Dani, Cristian e José, rematando a primeira parte con 4 a 0 para nós.
Na segunda parte sigue o dominio abrumador do noso equipo que nos trae outros catro goles máis que materializan Miguel, Rafa e John, éste por partida doble, cerrando o partido co resultado final de 8 a 0 para os nosos rapaces.
Sería ilóxico nombrar a algún rapaz en particular como destacado esta xornada, xa que todos os que saltaron ó campo fixérono en equipo e a un gran nivel, circunstancias éstas que se traduciron nesta contundente victoria para o noso equipo.

Alineación: Adrián, Dani, Iván, John, David, Hector, Miguel, Cristopher, Rafa, Cristian e José.
Tamén xogaron: Iago, Manu e Jacobo.
Goles: John (2), José (2), Rafa, Dani, Cristian, e Miguel


Agora que a liga tocou o fin, non queda máis que facer balance dende que aquela calurosa tarde do día 13 de agosto empezamos a nosa singladura por este grupo 7º da primeira autonómina infantil. Despois de esta longa travesía ó longo dos meses, e despois de alguna que outra discrepancia e feitos que polo ben do colectivo non se deberían de repetir no futuro, non queda máis que darlle a todos os xogadores unha gran felicitación pola súa entrega nos adestramentos e partidos, por asumir as derrotas en partidos que se deberían de haber ganado, derrotas que nunca os desanimaron e que si lle deron as forzas suficientes e o afán de superación necesario hasta chegar á senda dos triunfos, creando entre eles un grupo de amigos que oxalá se prolongue perante moitos anos.

Facer tamén extensible esta felicitación ó noso adestrador Guille quen se fixo cargo do equipo quedando sete partidos para a finalización da tempada, poñendo pola súa parte moita entrega e dedicación a este grupo de rapaces en estos casi dous últimos meses de competición.
Cómpre tamén non olvidarse de Moncho, a quen dende aquí lle damos as gracias pola súa dedicación e traballo nos oito meses que estivo ó cargo do equipo.
E como non, gracias tamén ás nais, pais, irmáns, etc pola súa paciencia e colaboración o que fixo que os nosos fillos disfrutaran deportivamente perante todos estos meses.

Ahh... E compre tamén non olvidarse do noso “cantineiro” e subdelegado D. Ramón que, gracias ó seu traballo na sombra fixo que, nos días de frío o café estivese quente e a punto, e os días de calor as Mahou frescas. Para el gracias polo seu gran traballo desinteresado.

Gracias a todos, pois con esto o que se consigue e unha gran familia: a do CALLOBRE C.F.

4 may 2010

Infantil.

Turno para a fotografía dos rapaces de categoría infantil, agora dirixidos por Guille, que continúan competindo con pequenos altibaixos pero con ilusións renovadas.

3 may 2010

Infantil

Nova victoria dos nosos rapaces infantiles no campo de San Martiño ante o Cacheiras, triunfo que fai que ascendamos outro posto máis na taboa clasificatoria. Comenzo dubitativo por ambas partes, facendo un xogo algo embarullado no medio do campo, pero sendo o dominio dos nosos xogadores. Pouco a pouco empezan a dominar a situación o que trae o primeiro gol de José cando xa transcurrirán 30 minutos, finalizando así a primeira mitade.

Na segunda o dominio xa é máis constante dos nosos o que trae outros tres goles máis colocando no marcador o 4 a 0 definitivo que veu a facer xusticia.
Anotar o debut de Santi, Pedro e Martín, rapaces alevíns que entraron na segunda parte e que en todo momento lle deron a cara o partido e, incluso Martín conseguiu marcar o terceiro gol da mañá.
Agora a pensar na próxima semana para ver de conseguir outra victoria que nos podería facer subir outro posto máis na taboa clasificatoria.


Alineación: Adrián, Jacobo, Iván, David, John, Christopher, Dani, Hector, Cristian, Rafa, e José.
Tamén xogaron: Iago, Estela, Santi, Martín e Pedro

Goles: José (2) Cristian e Martín.

19 abr 2010

Infantil

Victoria moi sufrida a conseguida este sábado dos nosos rapaces infantiles no campo de San Martiño ante o Flavia, equipo que marchaba na séptima plaza da clasificación.
Comenzo trepidante noso que nos primeiros minutos nos amosan as gañas que os rapaces tiñan de gañar este partido, e froito deste ímpetu chegan varias ocasións de gol que non se materializan, conseguido por fin o ansiado premio chegado xa o ecuador da primeira parte por medio de Cristian.
O partido segue moi embarullado no medio do campo sen ter un dominador claro. Cando xa case remataba a primeira parte conseguen o empate nunha falta de entendimiento da nosa defensa, o que fai aparecer algo de desánimo nos nosos rapaces.
Na segunda parte, despois de o adestrador Guille arengar ó equipo, o dominio noso acentúase máis e o que na primeira parte era un xogo no medio do campo, agora pasa a ser un xogo de abrir as bandas, o que fai que cheguen máis ocasións, conseguindo José dous goles máis para poñer o 3 a 1 definitivo para o Callobre.
Salientable son as lesións sufridas polos nosos, entre eles Hector, Adrián e John que non conseguiron rematar o partido. Esperemos que se queden en pequenos golpes e que non pasen a máis.

Alineación: Adrián, Xián, Iván, David, John, Christopher, Dani, Héctor, Cristian, Rafa, e José .
Tamén xogaron: Manu, Estela e Jacobo.

16 abr 2010

Infantil

Derrota do equipo infantil no partido do fin de semana nun encontro no que os nosos non puideron facer fronte á mellor condición física do seu rival que parecían cunha marcha máis que os nosos.
Ademáis, nos momentos en que os rapaces de Guille parecía que se podían meter no encontro aparecía o seu porteiro, que con paradas de moito mérito, desbartaba cada unha das ocasións dos nosos.
Cristian, con 2 goles, foi en esta ocasión ó noso artilleiro.

Alineación: Adrián, Héctor, David, Iván, Rafa, Cristopher, Jacobo, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Manu, Iago e Estela

29 mar 2010

Infantil

Voltou o equipo infantil á senda do triunfo, esta vez diante do Pontecesures, brindándonos a todos os asistentes un agradable partido de xogo e goles.
Saltaron os rapaces agora dirixidos por Guillermo ó campo moi motivados e coas ideas moi claras do que querían, dando como fruto a chegada o primeiro gol ó pouco de empezar o partido por medio de José. SEgue o dominio insistente dos nosos e chegamos ó final da primeira metade con 4 a 0 para o Callobre.
A segunda parte segue a mesma tónica de dominio pero pola contra, grazas a un inexistente penalti, o Pontecesures acurta distancias. Lonxe de facer mella nos nosos rapaces, foi un acicate para irse para diante conseguindo tres goles máis, cerrando o partido cun resultado final de 7-1 .
A seguir así rapaces que, con esa actitude de loita, entrega e sobre todo o traballo en grupo amosado, de seguro que nos ides a dar a todos moitas alegrías como a do sábado.

Alineación: Adrián, Manu, Xián, David, Iván, Rafa, Cristopher, Jacobo, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Iago e Estela

Goles: Cristian (3), José (2) e John (2).

23 mar 2010

Infantil.

Unha primeira parte deslabazada dos nosos rapaces fixo que fósemos ó descanso con 1 a 4 para o Dubra, segundo clasificado da categoría. Na segunda parte cambiou por completo a decoración, e o que se presupoñía de desánimo e desmoralización dos rapaces non foi así, xa que saíron a competir da maneira máis decorosa posible. Pasamos a dominar o partido dende o inicio, e fruto deste dominio chegan as ocasións unha tras outra que non se consiguen materializar, destacando entre éstas dous tiros ó longueiro, un libre indirecto por cesión a escasos tres metros da linea de gol e incluso un penalti errado, conseguindo eles pola contra outro gol que supoñía o 1 a 5 definitivo.
Non cabe a menor duda que os acontecimientos e circunstancias vividas nos últimos días influiron negativamente no rendimiento dos nosos rapaces, pero de seguro que despois de estos días de reflexión e unha vez que cada quen sacara as pertinentes conclusións, voltaremos a ser ese equipo que representamos que non é outro que a Categoría Infantil do CALLOBRE, C.F.

Alineación: Adrián, Manu, Xián, Iván, David, Dani, Rafa, Hector, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Iago, Estela, Jacobo e Christopher.

8 mar 2010

Infantil

A diferencia dos partidos anteriores, os nosos infantiles xogaron un regular encontro diante do cuarto clasificado, o cal nos condenou a unha derrota por 1 a 5.
Na primeira parte os nosos rapaces non se sentiron cómodos no campo, sendo o dominio dos visitantes froito do cal conseguiron dous goles. Xa no último minuto gracias a unha xogada embarullada e coa picardía de John, consíguese o noso gol que nos metía no partido.
Na segunda parte dende o primeiro minuto saíron os nosos rapaces a polo partido dominando ó rival, créanse algunhas ocasións de gol e non se materializaron. Pero pola contra os visitantes en ben levados contragolpes foron sumando gol tras gol ate o 1 a 5 definitivo.
Agora a pensar na vindeira xornada que rendiremos visita ó lider e intentar de sacar algo positivo deste partido.


Alineación: Adrián, Jacobo, Xián, Iván, David, Christopher, Rafa, Hector, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Iago, Dani, Manu e Este
la.

22 feb 2010

Infantil

Segunda victoria consecutiva dos nosos rapaces infantiles no campo de San Martiño ante o Esquio, equipo que nos precedía na clasificación e ó que, grazas a este triunfo, conseguimos arrebatar a novena plaza que antes do partido tiñan eles.

Comenzo trepidante noso que no primeiro minuto xa da como froito o primeiro gol por medio de José. Segue sendo o dominio do noso equipo e así chega o segundo, un gran disparo de Cristian diante do cal o porteiro contrario nada pode facer. Minutos despois boa xogada de José que sube o terceiro ó marcador, chegando ó final da primeira parte co resultado de 3 a 0 para nós.
Na segunda parte os nosos xa foron máis conformistas, e fruto de este conformismo pasamos a ver un partido bastante anodino e por veces aburrido, conseguindo eles un gol que á postre sería o 3 a 1 definitivo.
Agora a pensar na próxima semana para ver de conseguir a terceira victoria consecutiva de tempada que casi con toda seguridade nos da como premio ascender outro posto na clasificación.

Alineación: Adrián, Jacobo. Iván, David, Xián, Christopher, Dani, Hector, Cristian, Rafa, e José.
Tamén xogaron: John, Estela e Manu.

16 feb 2010

Infantil

Nova victoria dos nosos rapaces infantiles no seu desplazamento deste sábado ó campo de Cacheiras. Sairon os nenos xa a polo partido dende o primeiro minuto gozando de claras ocasións de gol, gol que se fixo esperar quince minutos ate que por fin José consigueu o primeiro. A partir de ahí xa foi todo máis doado sendo os nosos rapaces os dominadores absolutos do partido e desplegando un futbol de combinación que por veces era preciosista. Gracias a este fútbol de equipo chegaron tres goles máis por medio de Cristian e José por duas veces, chegando ó remate da primeira parte co 4 a 0 para nós.
Na segunda mitade segue a misma tónica de dominio e fútbol bonito que supón tres goles máis para os nosos rapaces por medio de Rafa, Hector e José conseguindo eles acortar distancias con un disparo lonxano ó que Adrián nada pode facer.
Sería ilóxico nombrar a algún rapaz como destacado esta xornada xa que os 15 que xogaron fixérono a un gran nivel, uns conseguindo o gol e outros aportando a súa parte para que éste se consiga, pero ó final ganamos todos, gana o Callobre C.F. Ojalá nos vindeiros partidos siga a boa racha de fútbol que nos ven acompañando nas últimas xornadas, que de seguro que nos vades a seguir dando máis alegrías como a do sábado.
E como non, mención especial merecen os nosos siareiros (nais, país, irrmás, etc) que esta semana se sentiron e ben nas gradas, unha motivación especial máis para os nosos rapaces que sinten o empuxe dos seus e que non están soios os 11 no campo. Gracias para todos eles e, ata o próximo sábado que temos cita en Callobre.

Alineación: Rubén, David, Christopher, Jacobo, Xián, Dani, Iván, Cristian, Rafa, José e John.
Tamén xogaron: Adrián, Hector, Estela e Manu.

Goles: José (4) Cristian, Rafa e Hector.

8 feb 2010

Infantil

Unha magoa que se escaparan os tres puntos este sábado do noso campo despois de ser os dominadores do partido e de ter moitas ocasións de gol non materializadas polos nosos rapaces. Saímos dende o pitido inicial a polo partido e creando varias ocasións claras , malia este dominio foi o calo quen marcou o primeiro gol, rematando a primeira parte co 0 a 1 para eles.
Na segunda parte seguimos coa mesma tónica, dominio noso e segundo gol do contrario que lonxe de desanimar ós rapaces, espoleounos para seguir loitando ate conseguir o primeiro gol por medio de José. Seguimos achuchando en busca do empate pero o que chega é o terceiro para eles para minutos despois conseguir nós o segundo por medio de un penalti transformado por Cristian, poñendo no marcador o que á postre sería o definitivo 2 a 3. Ainda tuvo Cristian o empate nunha falta directa maxistralmente lanzada que se estrelou no largueiro.
Malia perder, os nosos rapaces voltaron a amosar unha actitude moi positiva sobre todo despois de levar todo o peso do partido e ir sempre por detrás no marcador.

Alineación: Rubén, David, Christopher, Jacobo, Manu, Hector, Iván, Cristian, Rafa, José e John.
Tamén xogaron: Adrián, Xián, Estela e Dani.

1 feb 2010

Infantil

Intensidade, tensión e alegría final son os adxetivos que resumen o partido disputado polo noso equipo infantil este sábado no campo do Xuventude de Oroso. Saltaron os rapaces moi concentrados polo que supoñía o partido para nós.
Pronto pasamos a ser os dominadores do encontro, dando como fruto os dous primeiros goles para minutos despois conseguir eles o seu primeiro, chegando así ó final da primeira mitade con 1 a 2 para nós.
Na segunda parte segue o dominio noso para conseguir o terceiro gol que fixo que os nosos se relaxaran demasiado sendo un acicate para eles, que se votaron cara adiante para en pucos minutos ponerse gañándo 4 a 3 faltando dez minutos para a finalización do partido. Este resultado lonxe de afundirnos moralmente como noutros partidos, dounos o ímpetu necesario pasando a ser en estos minutos finales os dominadores totales do partido, conseguindo dous goles máis (o quinto no último minuto) o que supoñía o quinto de José e o quinto para o noso equipo, chegando o pitido final que da paso a unha alegría desmedida de todos os xogadores e afección que alá os acompañamos.
Rapaces, poñede o mesmo empeño nos vindeiros partidos que de seguro que voltades a darnos outras alegrías como a de este sábado.
Como nota final, recordarlle a Rafa que, o “vale 4” do truco vale: 4... JE!

Alineación: Adrián, Manu, Dani, David, Jacobo, Iván, Cristopher, Rafa, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Rubén, Estela, Hector e Xián.

26 ene 2010

Infantil

Un regular partido o xogado polos nosos rapaces supuxo unha nova derrota, neste caso contra o equipo que nos perseguía na clasificación.
A primeira parte foi dominada por eles sen conseguir achegarnos á portería rival, mentras que eles chegaron en varias ocasións conseguindo dous goles. Na segunda metade cambiou a decoración do partido pasando a ser totalmente noso. Ós poucos minutos conseguimos o primeiro gol por medio de Rafa, pero eran tantas as ansias de ir a polo partido que o Ames á contra conseguiu adquirir moita vantaxe poñéndose cun contudente 5 a 1 no marcador que parecía insalvable, pero gracias ó pundonor dos nosos, por medio de John e Cristian en dúas ocasións maquillamos o resultado co definitivo 5 a 4. Aínda houbo ocasións para levarnos o partido ó peto en duas xogadas de José que foron sendos balóns á madeira.

Alineación: Iago, Dani, David, Christopher, Iván, Jacobo, Xián, Rafa, Cristian, Hector e José.
Tamén xogaron: Adrián, Estela, Manu e John.

Goles: Cristian (2), Rafa e John.

4 ene 2010

Infantil

Foi un partido moi aberto o que se xogou en San Martiño o sábado, sendo o dominio superior por parte do Bertamiráns que tivo máis posesión de balón que os nosos rapaces perante a maior parte do partido. Malia a ese dominio adiantámonos ós poucos minutos de xogo cun gol de José. Xa bastante entrada a primeira mitade é castigado o noso equipo cun penalti bastante riguroso diante do que Iago nada pode facer, para no último minuto da primeira metade conseguir eles o segundo gol, un de eses goles psicolóxicos que deixan ós rapaces moi desanimados.

Na segunda metade segue o dominio dos visitantes e os nosos a defenderse agardando unha contra, a que chegou nos últimos minutos cunha saída fulgurante de José dende o noso campo ata a súa portería saindo o balón cerca do poste, para na seguinte xogada conseguir eles o terceiro gol gracias a un balón que é desviado involuntariamente de cabeza por David ante o que Adrián nada pode facer.
Malia a derrota colleitada non queda máis que darlles felicitacións ós rapaces polo partido xogado, xa que teremos en conta que enfrente estaba un dos equipos punteiros do grupo, e nós con un soio cambio para facer.

A seguir así con esas ganas que estades a poñer que os resultados están próximos a chegar.

Alineación: Iago, David, Christopher, Jacobo, Manu, Hector, Iván, Cristian, Rafa, Xián, e José.
Tamén xogaron: Adrián.

Goles: José.

22 dic 2009

Infantil

Partido moi disputado entre dous equipos bastante igualados en lineas xerais. Sairon os nosos rapaces moi mentalizados ó campo, pero ós poucos minutos xa se puxeron os locais con un gol de vantaxe. Pouco despois, logo de unha xogada involuntaria chega a lesión do noso defensa Dani, que deixa ós nosos con 10 xogadores perante uns minutos, circunstancia que fai que chegue o segundo gol para eles. Este segundo gol espolea ós nosos rapaces que se van para diante pasando a dominar o partido. Fruto de este dominio chega o primeiro gol (un golazo) de Miguel, para minutos despois chegar o segundo gol obra de José.

Na segunda mitade sigue o dominio algo superior dos nosos pero son eles os que consiguen o terceiro gol, para na seguinte xogada conseguir nós o empate, como non obra de José que á postre sería o resultado final do partido.

Alineación: Iago, Dani, Christopher, Jacobo, Miguel, Cristian, Rafa, Xián, Iván, José e John.
Tamén xogaron: Adrián, David, Hector, e Manu.

15 dic 2009

Infantil.

Nova derrota dos nosos infantiles, neste caso diante do Rois, equipo que nos precedía na clasificación xeral. Comenzamos gañando como ven sendo habitual, xa dende o primeiro minuto de xogo con un gol de José. A partir de ahí segue o noso dominio con bastantes ocasións de gol que non son materializadas. Pola contra, eles nos catro acercamentos de todo o primeiro tempo que fan á nosa portería defendida por Rubén, consiguen catro goles por outro máis para nós, outra vez marcado por José, finalizando a primeira mitade co resultado que á postre sería o definitivo 2-4.
Alineación: Rubén, Manu, David, Iván, Christopher, Hector, Jacobo, Rafa, Xián, Cristian e José.
Tamén xogaron: Estela, Iago, Dani e John.

2 dic 2009

Infantil.

Unha segunda parte totalmente oposta ó xogo desplegado na primeira fixo que voltáramos para Callobre con un contundente 7 a 2. Enfrente estaba o Dubra, un equipo dos fortes do grupo que fixo méritos para levarse o partido.
A primeira metade foi disputada de poder a poder polos dous bandos. Conseguen, ós poucos minutos do inicio, os locais o primeiro gol que espoleou ós nosos rapaces que pasaron a ser dominadores totais do partido. Fruto de ese dominio chegaron as ocasións para o Callobre e así o noso dianteiro José conseguiu o gol do empate. No último minuto da primeira mitade chega un dos goles psicolóxicos do partido nunha falta de entendimiento entre defensa e porteiro, finalizando este primeiro tempo con 2 a 1 para eles.
A segunda mitade comeza cos nosos rapaces convencidos de darlle a volta ó marcador, ilusións que se truncan xa no primeiro minuto desta reanudación cun novo tanto local, un duro golpe para os nosos rapaces que, pouco a pouco vían como chegaba gol tras gol na nosa contra, conseguindo José o segundo gol que maquillaba un pouco o resultado final.
Malia o resultado final compre darlles ánimos ós nosos rapaces que en todo momento amosaron unha entrega total perante os 80 minutos do partido.

Alineación: Iago, Dani, Christopher, David, Iván, Hector, Miguel, Rafa, Cristian, José e John.

Tamén xogaron: Rubén, Estela, Jacobo, Xián e Manu.

24 nov 2009

Infantil.

Segunda derrota consecutiva dos nosos rapaces diante do equipo que ven comandando a clasificación do grupo demostrando o porque da súa posición.
Non foi un xogo preciosista o que desplegou o Cordeiro o sábado en San Martiño pero si eficaz de cara o gol. Trátase dun equipo moi compensado e con rapaces moi grandes e fortes, sendo na súa maioría de segundo ano.
Na primeira metade foi un partido con dominio alterno aínda que superior por parte visitante creando ocasións que transformaron en gol, mentres que os nosos apenas si crearon ocasións claras, terminando con un contudente 0 - 4. Na segunda metade voltou a estar moi equilibrado o partido con dominio para os dous bandos chegando ó pitido final co mesmo resultado..

Bo partido o xogado polos nosos rapaces que se continúan así, seguro que acadamos postos máis altos que no que nos atopamos. E agora a pensar no Dubra que presuponse outro “coco”.

Alineación: Adrián, Manu, Christopher, Iván, Miguel, David, Xián, Rafa, Cristian, José e John.

Tamén xogaron: Rubén, Estela, Dani, Iago e Hector.

17 nov 2009

Infantil.6ª xornada.

Chegou a segunda derrota da temporada, esta vez diante dun equipo moi batallador e competitivo.
Malia a esos dous apelativos os nosos foron merecedores de traer algo máis proveitoso do campo Municipal de Brión.
A primeira mitade foi ampliamente dominada polo Callobre pero unhas veces polas moi boas actuacións do seu porteiro (dende aquí non queda máis que felicitalo pola súa labor), outras veces por erros dos nosos na definición final e en dúas ocasións os postes, foron cirunstancias suficientes para non conseguir o ansiado gol. Si o conseguiron eles nunha das poucas aproximacións que fixeron á nosa porteria e nun man a man con Adrián subiu o primeiro gol ó marcador coa complicidade do árbitro que pasou por alto a falta previa non sinalada.
Na segunda metade continuou a mesma tónica, cun dominio se cabe máis intenso dos nosos pero coa salvedade de que a defensa de eles era cada vez máis agresiva para parar as nosas acometidas. Cando máis apretábamos para conseguir o empate chegou o segundo gol que xa foi insalvable para nós.
Non cabe máis que felicitar ós nosos rapaces pola súa entrega e loita perante todo o partido e sobre todo tendo en contra as circunstancias adversas da agresividade dos contrarios e unha permisibilidade total do árbitro. Non queda máis que olvidarnos canto antes e empezar a pensar na próxima xornada. Forza rapaces.

Alineación: Adrián, Manu, Iván, David, Jacobo, Miguel, Rafa, Xián, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Hector, Cistopher, Estela e Rubén.

11 nov 2009

Infantil. 5ª xornada

Voltou o equipo infantil á senda do triunfo, esta vez diante do Milladoiro, brindándonos un agradable partido que nada tivo que ver co disputado a semana pasada frente ó Esquio.

Saltaron os rapaces ó campo moi motivados e cunhas ideas moi claras do que querían, dando como fruto a chegada o primeiro gol ó pouco de empezar o partido por medio de José. Foi a máis o dominio dos nosos e chegamos ó final da primeira metade con 4-0 e cun moi bo sabor de boca..

A segunda metade baixou un pouco a intensidade do partido debido fundamentalmente ó mal estado do terreo e á non presenza de rapaces no noso banco, no que só Rubén agardaba o seu turno. Aínda así foron quen de marcar 2 goles máis, finalizando o partido con 6-1 para o Callobre.

A seguir así rapaces que, con esa actitude de loita, entrega e sobre todo o traballo en grupo amosado, de seguro que nos ides a dar a todos moitas alegrías como a do sábado.

Alineación: Adrián, Manu, Dani, Iván, David, Miguel, Rafa, Xián, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Rubén.

Goles: José (3), Cristian (2) e Rafa.