3 may 2010

Infantil

Nova victoria dos nosos rapaces infantiles no campo de San Martiño ante o Cacheiras, triunfo que fai que ascendamos outro posto máis na taboa clasificatoria. Comenzo dubitativo por ambas partes, facendo un xogo algo embarullado no medio do campo, pero sendo o dominio dos nosos xogadores. Pouco a pouco empezan a dominar a situación o que trae o primeiro gol de José cando xa transcurrirán 30 minutos, finalizando así a primeira mitade.

Na segunda o dominio xa é máis constante dos nosos o que trae outros tres goles máis colocando no marcador o 4 a 0 definitivo que veu a facer xusticia.
Anotar o debut de Santi, Pedro e Martín, rapaces alevíns que entraron na segunda parte e que en todo momento lle deron a cara o partido e, incluso Martín conseguiu marcar o terceiro gol da mañá.
Agora a pensar na próxima semana para ver de conseguir outra victoria que nos podería facer subir outro posto máis na taboa clasificatoria.


Alineación: Adrián, Jacobo, Iván, David, John, Christopher, Dani, Hector, Cristian, Rafa, e José.
Tamén xogaron: Iago, Estela, Santi, Martín e Pedro

Goles: José (2) Cristian e Martín.