3 may 2010

Viaxe a ver ó Depor.

Se fai unhas semanas eran os equipos de fútbol 11 os que se achegaban ata A Coruña para ver o encontro Deportivo- Racing, este pasado sábado era o turno dos máis pequenos.
Prebenxamíns, benxamíns e alevíns enchían 2 buses e saían as 11 da mañán cara terras coruñesas para disfrutar dun día enteiro de fútbol.
Primeiro, parada na cidade deportiva de Abegondo, calzar as botas e a entrenar durante unha hora e pico nos campos de herba do Depor. Toda un aliciente para os nosos rapaces que aproveitaron o tempo todo o que puideron. Rematado o entreno, ducha e saída cara o restaurante do equipo herculino,o "Playa Club", no que tocaba recargar enerxía.
E case sen tempo a correr cara a Riazor onde os rapaces entraron para facerse fotografías cos xogadores e pedir algún que outro autógrafo. Gran detalle o de Ricky e de Valerón que se pararon conn tódolos nosos rapaces sen deixar de atender a ningún de eles.
Por último, chegou a hora do partido. Bandeiras, bufandas e camisetas e a animar o equipo galego que aínda que non conseguiu vencer polo menos alegrou o día a moitos dos nosos rapaces.