Por unhas instalacións dignas

Non fai demasiados anos, cando a xente miraba os calendarios dos encontros dos seus equipos, atopaban polo medio un nome que apenas situaban. Cando vían Callobre c.f. a maioría de pais e nais e os propios rapaces rivais non eran quen de situar o campo de San Martiño. Pero chegaban a Callobre e non vían nada raro, só un campo grande no que, según todos dicían, podíase xogar moi ben o fútbol, un terreo de xogo ancho e largo, con moitos espazos...apto para "tocar o balón".
Viñan de Lugo, de Coruña, de Ferrol, de Santiago e a ninguén lle disgustaba o campo, ó contrario...

Pero co paso dos anos o noso ben querido campo de terra xa non é o que era. Segue sendo igual de ancho e igual de largo pero agora as cousas cambiaron. Mentres o resto de equipos recibe axudas das institucións para mellorar as condicións dos campos, vestiarios e accesos, o campo de San Martiño segue anclado no século pasado.

Por eso dende aquí pedimos a colaboración de todos para alcanzar o número máis alto posible de firmas para facerlle ver ós que fan e desfán que o Callobre c.f. non pode seguir competindo en igualdade de condicións co resto de equipos que dende xa fai anos contan cunhas instalacións adecuadas.

O noso clube está basicamente orientado ó futbol base, a tódos aqueles rapaces que lles gusta o fútbol e queren divertirse co balón. Cando son máis pequenos son case sempre os pais os que deciden, por simpatía co clube, por xogar en tempos pasados coas nosas cores ou por proximidade. Cando iso ocorre todos os que formamos parte do Callobre c.f. temos que facer mil e un esforzos para que os rapaces se sintan queridos, que vexan que nos movemos para que permanezan con nós...xoguen mellor ou peor tódolos nenos son igual de importantes. Traballamos na Escola de fútbol con rapaces de 3 o 4 anos que pouco a pouco van collendo hábitos de fútbol e gustillo polo balón e pais/nais e nenos acostuman a estar contentos cos adestramentos, adestradores e co trato, sen dúbida o máis importante.
Pero pasan os anos e son os rapaces os que empezan a mover ficha...e como eles din "é que non temos campo de herba". E o peor para nós é que cada vez iso pasa con maior prontitude...

Podemos presumir de ter agora mesmo 2 equipos de prebenxamíns, 3 de benxamíns e un equipo de alevíns con 18 xogadores. Temos rapaces en categoría "mini" que todavía non poden competir e connosco adestran outros moitos que non compiten por decisión propia, incluso rapaces que compiten noutros equipos...precisamente polo campo.

A nosa escola de fútbol móvese por tódolos colexios da zona: O Foxo, Vea, Pérez Viondi, Figueroa, Lourdes e chegamos incluso ata Forcarei ou Soutelo de Montes, temos equipos en tódalas categorías de fútbol 11, promocionamos charlas de saúde, conferencias, organizamos viaxes para que os rapaces convivan e vivan o fútbol profesional máis de cerca...por iso, igual con algo de soberbia, atrévome a dicir que:

Se o CALLOBRE C.F. non merece unha campo de herba artifical, uns vestiarios que permitan cambiarse a varios equipos sen ter que recurrir ó local social para mudarse de roupa, non creo que existan moitos equipos que o merezan e, desgraciadamente para nós pero por sorte para eles, estos equipos, xa contan con el. Equipos que compiten nunha única categoría ou en dúas. Equipos con 2 campos anexos ou 3. Equipos que pódense permitir o luxo de cubrir a herba sintética vella con outro manto de última xeración...mentres os nosos nenos continúan embarrándose.

Por iso pedimos a vosa axuda, consiste en pedirlle a firma a familiares, coñecidos, veciños, profesores...a calquera persona que se cruce con vós pola rúa. Canto máis sexamos máis apretaremos.

Porque como din na páxina web da EF Lalín, sempre atenta ós intereses dos máis pequenos, trátase dunha REIVINDICACIÓN MÁIS QUE XUSTA.

Non pedimos ser máis que ninguén, pedimos seguir iguais ó resto.