11/12/2009

Benxamín.

Nova victoria do equipo "A" diante do Silleda nun partido suspendido no minuto 5 da segunda metade polo temporal.
Apenas pasaron perigo os nosos rapaces ó longo do encontro no que o Silleda veuse afectado polas baixas. Adrián, ó pouco de comezar, e David, cun golazo de falta fixeron os tantos do noso equipo.
Agradecer dende aquí o detalle do adestrador visitante que veu ó noso vestiario a felicitar a David polo partido que fixera... todo un recital.

Callobre c.f.: Jonathan, Manu, Xandre, David, Angel, Adri, Nogui, Anxo, Iván e Pablo.

O equipo "B" pola súa parte non puido disputar o seu encontro diante do Touro polas continuas choivas.

10/12/2009

Senior

Derrota dos rapaces de David diante do Balouta nun partido disputado no M.A. Cortizo de Lalín polo mal estado do campo locatario.
A pesar do 3-0 co que rematou o encontro, non estivo a cousa tan desnivelada como puidera parecer pois só na segunda metade o equipo local conseguiu adquirir vantaxe e acabar levando os 3 puntos.
Durante os primeiro 45 minutos puideron os nosos poñerse por diante pero non houbo sorte e Iván, a escasos metros da raia de gol, non puido adiantar aos nosos.
Na segunda metade, unha vez conseguido o primeiro gol polos locais, os rapaces baixaron os brazos e o Balouta levou o partido con merecimento. Ademáis Eloy e Jorge remataron o partido mancados.

Callobre c.f.: Manu, Emilio, Kike, Tito, Borras, Jorge, Aris, Ivan, Yago, Jorgito, Piraña.

Cambios: Eloy, Daniel, Marcos, Alberto, Xoan.

09/12/2009

Cadetes.

Catro puntos de seis posibles, ese foi o balance do noso equipo cadete nos 2 encontros disputados no fin de semana.
Comezaba o equipo de Guille e Patxi con victoria o sábad diante do Belvís que chegaba a Callobre como último clasificado e que apenas fixo fronte ó noso equipo.
Xurxo, con 3 tantos, Alex, Tosar e Rubén foron os goleadores nun partido sen moita historia na que a base de equipo visitante eran xogadores todavía en idade infantil.

Alineación: Fabio, Yago, Xian, Alberto, Miguel, Brais, Jaco, Javi, Alex, Xurxo, Calvix.
Tamén xogaron: Tosar, Eloy, Diego, Fon.


E onte tocaba o turno do derbi en Figueroa. Non tiveron os nosos un bo día e só no último minuto conseguían empatar para así levar polo menos un punto.
Saíron os nosos moi durmidos, a diferencia do que normamente ocorre cando nos primeiros 15 minutos encerran ós rivais na súa área, e sen moitas gañas, xusto o contrario que os rapaces do Sporting que loitaban cada balón como se fora o último.
E a actitude do Sporting tivo premio conseguindo adiantarse no marcador.
Ademáis malas noticias coas lesións de Detena e do pichici Alex. Pero na última xogada, un remate de Tosar tras un saque de falta de Jacobo poñia as táboas no marcador.
Destacar o partido de Alberto que despois da operación comeza a mostrarse como peza básica do equipo.


Alineación: Manu, Detena, Ruben, Alberto, Fabio, Brais, Javi, Jaco, Tosar, Xurxo, Alex.
Tamén xogaron: Yago, Cofan, Eloy.

05/12/2009

Resultados fin de semana

Senior.
Balouta - Callobre c.f.(3-0)

Xuvenil.
Callobre c.f.- Esclavitude (0-0)

Cadete.
Callobre c.f.- Belvís (6-2; Xurxo(3), Alex, Tosar, Rubén)

Infantil.
Pontecesures - Callobre c.f. (6-1; Cristian)

Alevín
EF Lalín - Callobre c.f. (Suspendido)
Callobre c.f.- Touro.(Suspendido)

Benxamín.
Callobre c.f. - Silleda (2-0; Adrián e David.Suspendido no minuto 5 da 2ª metade)
Callobre c.f. - Touro.(Suspendido)

02/12/2009

Senior

Derrota do equipo de maiores diante do líder, Piloño.
Empezou o partido moi igualado con ocasións para ambos bandos con Iván como protagonista local, con 3 ocasións claras que puideron dar vantaxe ós nosos. Pero non foi así e o Piloño non perdou e en pouco tempo poñía o partido franco con 0-2. Antes do descanso facía o 3º poñendo o encontro moi costa arriba.
Na segunda parte os nosos baixaron os brazos e eles adicáronse a buscar balóns longos que non crearon moito perigo.
Un penaltie moi dudoso permitiu ó equipo cruceño fáce-lo cuarto.

Alineacion: Manu, Emilio, Tito, Kike, Borras, Marcos, Jorge, Aris, Jorgito, Ivan, Yago

Cambios: Xoan, Piraña, Esteban, Alberto, Daniel

Xuvenil

Cómoda victoria do equipo de Dani diante do San Marcos.
Empezou o partido con anécdota e retraso pois mentras ambos equipos consideraban o campo válido para xogar, o árbitro decidiu 45 minutos máis tarde do previsto que se iniciara o encontro alegando que o balón non circulaba.
E cando o partido arrancou non houbo cor e os nosos golearon ó equipo santiagués cun claro 0-6, que afianza ós nosos na 3ª posición á espera dos importantes partidos que agora tocan: Esclavitude(5º), Sporting(1º), Ortoño(2º) e Viduido(4º).

ALINEACIÓN: Marcos, Miguel, Esteban, Beito, Gabo, Jorge, Andorrano, Yvan, Suizo, Martín, Sergio
SUPLENTES: Portillo, Ruby, Adrián, Fita,Plastico
Goles: Martín, Gabo, Sergio, Yván, Iván e Plástico

Cadetes.

Nova victoria do equipo cadete desta vez diante do San Lorenzo (0-4).
Non tiveron os nosos dificultades para traer os puntos do campo de Marrozos ante un rival situado na parte baixa da clasificación que adicou máis tempo en tratar de parar ós nosos a base de faltas e en protestas ó colexiado que en intentar remontar o encontro.
Con esta victoria os rapaces de Guille e Patxi dan un paso ó fronte e colócanse cerca dos postos altos, á espera dos 2 partidos a disputar neste longo fin de semana: primeiro o Belvís e o luns, o Sporting.

Alineacion: Manu, Cofan, Diego, Alberto, Miguel, Fabio, Brais, Tosar, Ruben, Xurxo, Alex
Tamen xogaron: Xian, Jaco, Fon, Calvix, Eloy

Goles: Rubén, Alex, Calvix e Brais

Infantil.

Unha segunda parte totalmente oposta ó xogo desplegado na primeira fixo que voltáramos para Callobre con un contundente 7 a 2. Enfrente estaba o Dubra, un equipo dos fortes do grupo que fixo méritos para levarse o partido.
A primeira metade foi disputada de poder a poder polos dous bandos. Conseguen, ós poucos minutos do inicio, os locais o primeiro gol que espoleou ós nosos rapaces que pasaron a ser dominadores totais do partido. Fruto de ese dominio chegaron as ocasións para o Callobre e así o noso dianteiro José conseguiu o gol do empate. No último minuto da primeira mitade chega un dos goles psicolóxicos do partido nunha falta de entendimiento entre defensa e porteiro, finalizando este primeiro tempo con 2 a 1 para eles.
A segunda mitade comeza cos nosos rapaces convencidos de darlle a volta ó marcador, ilusións que se truncan xa no primeiro minuto desta reanudación cun novo tanto local, un duro golpe para os nosos rapaces que, pouco a pouco vían como chegaba gol tras gol na nosa contra, conseguindo José o segundo gol que maquillaba un pouco o resultado final.
Malia o resultado final compre darlles ánimos ós nosos rapaces que en todo momento amosaron unha entrega total perante os 80 minutos do partido.

Alineación: Iago, Dani, Christopher, David, Iván, Hector, Miguel, Rafa, Cristian, José e John.

Tamén xogaron: Rubén, Estela, Jacobo, Xián e Manu.

ÁNIMO

A familia do Callobre c.f. quere mandar dende aquí un forte abrazo e desexar unha pronta recuperación ó noso Pichichi Santi, xogador alevín, que onte foi operado e que permanecerá un tempo de baixa. Sen dúbida, un dos xogadores con máis proxección do noso clube.
E para que Santi vexa que todos nos lembramos de el, esta actualización serál a primeira que se vexa durante toda a semana, de forma que todas as demáis irán aparecendo tras ela.
Agardamos a súa volta con gañas pero antes a recuperarse que é o importante.
Ánimo Santi.

01/12/2009

Alevín

Derrota do equipo "A" diante dun dos equipos fortes do grupo, o At. Melide que se impuxo en San Martiño por 4-8. Santi, Nico e Lexis, por partida dobre, fixeron os goles dos nosos rapaces.
Partido intenso e moi disputado sen dominador claro no que o equipo visitante aproveitou a súa superioridade física para acabar levando os 3 puntos...en principio.
E dicimos en principio porque hoxe confirmaron que hai reclamación por alineación indebida, a cal NON foi presentada polo Callobre c.f.. O Sporting Estrada decidiu impugnar o partido por 4 dos seus xogadores así que toca esperar a resolución.Mentras tanto nós seguiremos ó noso.

Callobre c.f.: Ruben, Pedro, Martín, Japi, Lexis, Santi, Calvelo, Nico e Damián.

Caía tamén o equipo "B" diante do Cruces pero amosando de novo unha moi boa cara na primeira metade na que se fixeron merecedores dun mellor resultado que o 1-1 co que se chegou ó descanso. David fixo o gol dos nosos.
Pero outra vez as forzas faltaron na 2ª metade e o Cruces levou os 3 puntos.
Só falta culminar o bo traballo das primeiras partes...

Callobre c.f.: Rubén, Stagnita, Martín, Champi, Nacho, Cris, Miguel e David.

29/11/2009

Benxamín.

Victoria benxamín na visita ó Camballon.
Mostráronse os nosos superiores ó equipo local na maior parte do encontro pero a falta de gol impediunos sentenciar con anterioridade. David, Adri e Nogui tiveron as opcións máis claras durante a primeira metade na que o equipo cruceño apenas puxo en perigo a porta de Jonathan.
Co vento a favor o dominio dos nosos intensificouse pero tanto David como Adrián non estiveron acertados nos un a un co seu porteiro.
E ahí apareceu Jonathan, quen cunha soberbia parada ó tiro dunha falta, conseguía manter o resultado de empate para que, a falta de 5 minutos do final, Adrián atinara e puxera o partido de cara para os nosos.

Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Manu, David, Adri, Nogui, Iván e Anxo.

Pola súa parte, o equipo "B" caía derrotado diante do Sporting "A" nun encontro no que os nosos aguantaron ben durante a primeira metade na que unha xogada desgraciada permitía, case chegando ó descanso, ó Sporting poñerse cun 2-0 que facía moi difícil a remontada. Aínda así, Alberto tivo co 0-0 inicial un par de ocasións que ben poderían dar algunha oportunidade ós nosos.

Na 2ª metade, o equipo local amosouse moi superior e non tiveron dificultades para sentenciar o encontro.

Callobre c.f.: Iván, Alex, Paulo, Pedro, José, Miluco, M. Anxo, Alberto, Alejandro e Sergio.

Resultados fin de semana

Senior.
Callobre c.f.- Piloño (0-3)

Xuvenil.
San Marcos - Callobre c.f. (0-6, Gabo, Yván, Iván A., Sergi, Martín e Plástico)

Cadetes.
San Lorenzo - Callobre c.f.(0-4; Brais, Alex, Rubén e Calvix)

Infantiles.
Dubra - Callobre c.f. (7-3)

Alevín.
Callobre c.f. "A" - At. Melide (4-8)
Cruces - Callobre c.f. "B" (5-1, David)

Benxamín.
Cruces - Callobre c.f. "A" (0-1, Adrián)
Sp. Estrada "A" - Callobre c.f. "B" (6-0)