9 mar 2011

Benxamín.

Derrota do benxamín B diante do primeiro equipo do Silleda.
A pesar do resultado final de 6-0 os rapaces de Iago fixeron unha moi boa primeira metade na que incluso puideron marchar con vantaxe no marcador. Vitor, en varias ocasións e Pablo puideron adiantar ós nosos pero foi o Silleda o que nunha xogada desgraciada se adiantaba no marcador para chegar 1-0 ó descanso.
Na segunda metade non houbo cor e o conxunto silledense foi moi superior.
Destacar o debut de Brais, porteiro prebenxamín, ante a baixa de Sergio na portería. Un 10 para el.

E no derbi disputado en San Martiño impúxose o equipo A por un resultado de 6-2. Puxeron empeño e gañas os rapaces de Xoel e Edu e complicaron a vida ó equipo A durante moito tempo pero finalmente o acerto de cara a porta de Alberto foi determinante permitindo o equipo A seguir de líder. De novo Anxo foi o encargado de anotar para os rapaces do C.Temporada espectacular a de este rapaz que mellora cada día que pasa.

Este sábado chega a primeira oportunidade dos nosos pequenos de facerse co título ligueiro. A derrota da EF Lalín e o empate do Sporting Estrada a semana pasada deixaos a unha diferencia de 7 e 10 puntos respectivamente cando quedan 9 en xogo. Pero ollo porque o rival, a EF Lalín B, está a facer grandes encontros na segunda volta. Moita sorte e a facer o último esforzo.