9 mar 2011

Alevín

Victoria pola mínima dos rapaces de Neira diante do Sp. Estrada B.
Puideron os nosos rapaces ter un marcador a favor moito máis amplo pero de novo os erros de cara á portería contraria puideron acabar pasando factura aínda que Champi, cun doblete, conseguiu poñer as cousas no seu sitio.
Pero o Sporting non tirou o partido en ningún momento e a base de loita puxeron en apuros ós nosos alevíns.
Finalmente 2-1 para nós e agora xornada de descanso antes de afrontar a última fase ligueira co 5º posto a só 5 puntos.