Mostrando entradas con la etiqueta Xuvenil 2010- 2011. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xuvenil 2010- 2011. Mostrar todas las entradas

11 mar 2011

Xuvenil

Nova victoria do equipo xuvenil que esta vez superou ó Cruces no sempre difícil campo do Camballón. Partido moi serio dos nosos rapaces que fixeron boa a súa superioridade e aproveitaron as súas ocasións por medio de Xurxo, Tosar e Berto.
Con estos 3 puntos os rapaces de Dani colócanse como colíderes do grupo e cunha renta importante cos perseguidores.
Agora hai que seguir nesta liña e esperar ós enfrontamentos directos que decidirán os postos altos da clasificación.

2 mar 2011

Xuvenil

Segue con paso firme o equipo xuvenil que nesta semana vencía por 4-0 ó Furia At.
Rapidamente se puxeron as cousas de cara para os nosos que cun gol de David xusto ó comezar o encontro puideron afrontar o resto dos minutos con maior tranquilidade.
Xurxo, nunha boa contra, Portillo e Carlos fixeron o resto dos tantos nun partido no que Marcos só tivo que intervir nunha ocasión na que sacou unha gran man.

Este sábado partido en Cruces co obxetivo de non dar opción ós de atrás de recurtar puntos.

22 feb 2011

Xuvenil

Nova victoria do equipo xuvenil que segue metido na loita polo campionato ligueiro.
Foi o do sábado un partido moi igualado no que os rapaces de Dani voltaron a amosar moita seriedade defensiva pero tamén a falta de gol que tanto nos está a pesar na competición.
Desta vez foi Xurxo, cando só restaban 10 minutos de partido, o que puxo en vantaxe ós nosos para conseguir un novo triunfo que nos coloca segundos cun pequeno colchón de puntos respecto os que nos perseguen na clasificación.

Por certo que toca reprimenda para os xogadores do equipo xuvenil polo acontecido na semana pasada diante do Dodro. Entendemos que hai tensión, nervos e moitas pulsacións pero nada de isto xustifica o ocorrido, por iso pedimos un pouco de cabeza primeiro por vós mesmos e despois polo clube. Consideramos esto como un erro puntual, algo aillado no comportamento dos rapaces pero que, loxicamente, non voltaremos a tolerar.

A xogar ó fútbol que é do que se trata.

9 feb 2011

Xuvenil

Importante victoria do equipo xuvenil diante do Esclavitude.
Trouxeron os rapaces de Dani 3 puntos moi valiosos da visita a Padrón pese a que esta vez non fixeron un bo partido e quizáis foi este un premio excesivo, pero tamén contan e moito.

Continuamos de segundos na clasificación pero seguindo moi de cerca ó Cordeiro. Só unha advertencia ós nosos: ollo coas tarxetas que acabarán pasando factura.

1 feb 2011

Xuvenil.

Importantísima victoria do equipo xuvenil diante do ata o pasado sábado líder, o Bertamiráns.

Chegaban os rapaces de Dani ó encontro do sábado apurando as opcións de seguir na loita pois unha derrota deixábanos algo distanciados do grupiño de cabeza.
Foi un partido moi disputado no que os nosos non concederon case opcións amosándose moi serios durante os 90 minutos.Portillo e Carlos fixeron os nosos tantos mentras o gol visitante chegaba nunha xogada desgraciada no que o balón rebotaba na barreira tras unha falta en contra.

Pero como sempre hai algunha mala nova, neste caso a lesión de Esteban cun esguince de nocello tras apoiar mal polo estado do terreo xogo...un feito que amosa con maior claridade, se cabe, a necesidade que temos do campo de herba sintética.

Este sábado desplazámonos ata o campo do Esclavitude para tratar de aproveitar o enfrontamento directo entre Cordeiro e Bertamiráns, primeiro e terceiro na clasificación.

25 ene 2011

Xuvenil

Importante victoria do equipo de Dani na visita ó Val do Ulla que viña de vencer a tódolos rivais da zona alta da clasificación..
Práctico o encontro do equipo xuvenil que non veu perigar a victoria en ningún momento e que só pasou apuros nos balóns parados.
Yván, que volvía ó equipo despois de moito tempo e fixo un moi bo partido, e Xurxo foron os autores dos tantos.

Este sábado visita do Bertamiráns pola tarde en San Martiño, primeiro clasificado.Esta vez ten que ser a boa...

13 ene 2011

Xuvenil

Segunda derrota consecutiva do equipo xuvenil que non consigue dar o paso adiante que todos esperabamos.
Chegaba o sábado a San Martiño o líder, o Cordeiro, que acabou levando os 3 puntos por un resultado de 0-1.
De novo a falta de gol, unida as expulsións de Esteban e Martín, fixeron do partido un querer e non poder dos rapaces de Dani que pese a todo continúan nos postos altos coas opcións intactas...pero non se poden deixar escapar máis puntos.

13 dic 2010

Xuvenil

Chegou a primeira derrota do equipo xuvenil que caía no campo do Bastavales por un contundente 5-0.
Non se pode poñer obxeción á derrota do equipo de Dani que acusou as baixas que arrastra dende hai varias semanas unido ó feito de que Marcos, o noso porteiro, sufre problemas de espalda que o obligaron a retirarse no descanso ocupando Alex a portería.

Mala tarde a do sábado pero como se soe decir...mellor perder un partido 5-0 que non 5 por 1-0. Agora toca xornada de descanso que esperemos sirva para ir recuperando a tódos os rapaces que xa levan de baixa bastante tempo.

7 dic 2010

Xuvenil

Empate sen goles do equipo xuvenil diante dun rival directo como o Agolada.
Lástima dos 3 puntos que nos darían unha importante renda cos rivais máis próximos na clasificación.
Non foi o mellor partidos dos nosos rapaces pero apenas pasaron apuros diante dun equipo moito máis feito con rapaces casi todos de último ano. Moitas baixas no equipo de Dani e de xente importante como Esteban, Yván, Jorge, Martín, Japirro, Fita... e con 8 rapaces de primeiro ano no equipo titular, o que dá mostras de que o equipo está chamado a estar nos postos altos da clasificación cando se recuperen efectivos.

Miguel contou co ocasión máis clara nun remate de cabeza pero o balón saiu polo lateral da portería.

3 dic 2010

Xuvenil

Nova victoria do equipo de Dani que vencía no dificil de campo de San Mamede por 1-2. Con este resultado os nosos seguen a comandar a taboa empatados a puntos co Cordeiro pero distanciando xa os rivais.
Non foi un partido sinxelo,as dimensións do campo non axudan e os rapaces tiveron que emplearse a fondo para traer os 3 puntos. Pero de novo a seguridade atrás foi a base do éxito e finalmente nova victoria que é o importante.

Este sábado rival complicado, o Agolada, que virá a intentar non descolgarse da cabeza.Sorte.

26 nov 2010

Xuvenil

Victoria do equipo xuvenil no encontro do pasado fin de semana diante do Cruces
Merecida victoria dos rapaces de Dani que pese a ser superiores non conseguiron adiantarse ata a segunda metade na que Alex, de cabeza tras unha boa xogada de equipo, e Miguel facían xustiza e daban os 3 puntos ós nosos.
Durante a primeira parte xa houbera opcións de poñerse por diante pero nin Fita nin Alex conseguiran acertar coa portería.

Coliderato para o noso equipo xuvenil que este sábado visita ó San Mamede, un campo onde nunca nos resulta doado puntuar.

15 nov 2010

Xuvenil

Importante victoria do equipo de Dani diante do Furia.

Os goles de Esteban e Alex fixeron xustiza ó visto no campo de Valga pese a que os nosos rapaces non tiveron o seu mellor día. Sen embargo a calidade dos nosos prevaleceu sobre o empuxe local e ó final 3 puntos que nos sitúan cerquiña da cabeza.
Só falta rematar os partidos de casa e as cousas irán moito mellor.

O vindeiro sábado visita da SD Cruces que virá con gañas de dá-la sorpresa.

11 nov 2010

Xuvenil

Terceiro empate do equipo xuvenil que continúa invicto e a tan só 2 puntos do líder.
A falta de gol nos partidos da casa está a ser o maior problema dun equipo que se está a amosar superior ós seus rivais pero que non consegue materializar as ocasións.
Desta vez os nosos non so erraron claras ocasións senón que chegaron a desperdiciar un lanzamento dende o punto de penalti.

Só queda afina-la puntería para dar un pasiño máis na clasificación.

4 nov 2010

Xuvenil.

Victoria a domicilio do equipo xuvenil no difícil campo de Dodro.
Saíron os rapaces de Dani convencidos de levar ós 3 puntos e así os 15 minutos de partido xa vencían por 0-2 con goles Xurxo e Jorge.
A partir ahí ocasións máis que suficientes para sentenciar pero o terceiro tanto non chegaba e na segunda metade o equipo coruñés veuse arriba conseguindo achegarse no marcador(1-2).
Finalmente os nosos conseguiron aguantar o empuxe local e traer 3 puntos importantísimos que o serán máis se este sábado se consegue vencer ó Milladoiro en San Martiño.
Clasificación apretadísima cos 5 primeiros equipos en 2 puntos de diferencia.

27 oct 2010

Xuvenil.

Segundo empate consecutivo do equipo adestrada por Dani que empataba 0-0 co Esclavitude no campo de San Martiño.

Só a falta de gol impediu que nosos rapaces acadaran os 3 puntos pois a supeririodade foi evidente durante todo o encontro. Moito dominio de balón, moita chegada pero pouco acerto. Portillo, Yván ou Alex contaron con ocasións máis que suficientes para poñernos en vantaxe pero non puido ser. Esperemos que a pelota se decida a entrar para que os rapaces adestrados por Dani sigan collendo confianza.
Polo de agora 1 victoria e 2 empates que invitan a pensar que cando a bola entre as cousas cambiarán para ben.

20 oct 2010

Xuvenil

Importante empate do equipo d xuvenil no sempre difícil campo de Bertarmiráns.

Os rapaces de Dani tiveron que suar para conseguir un punto na segunda xornada de liga. Tras unha primeira metade con dominio alterno pero cun penaltie errada pola nosa banda, a segunda parte foi de ida e volta.
Chegou o Bertamiráns a adiantarse por 2 veces pero primeiro Alex, cun golazo de vaselina, e despois un defensor local, na xogada tonta do campionato (foi unha falta a favor do Bertamiráns que sacan cara atrás buscando ó porteiro e que no seu intento de perder tempo non impide que o balón entre no marco), permitiron empatar e traer un bo sabor de casa na viaxe de volta pois, sen dúbida, será o equipo coruñés un dos candidatos ó ascenso.

O sábado ás 11.00 visita San Martiño o Esclavitude. A seguir mirando cara arriba.

13 oct 2010

Xuvenil.

Primeiro partido de liga dos xuvenís e primeira victoria.

O Val do Ulla foi o primeiro equipo ao que os de Dani se enfrentaron e a pesar do pouco toque de balón e da pouca fluidez á hora de circular a pelota, sacaron o partido adiante. Cabe resaltar a única ocasión dos visitantes que o porteiro locar, Marcos, soubo rexeitar cunha boa parada.
Os de San Martiño dominaban o encontro e arredor do minuto 75, Jacobo marcaba o tanto que daría a victoria dende 40 metros a fallo do cancerbeiro visitante. Algunha ocasión illada de Martín e Alex foron das poucas aproximacións ás porterías, pero a falta de gol é un problema que se debe solucionar. Estáse a comezar, e a pesar das ausencias importantes dalgúns xogadores de 3º ano, como son Esteban, Jorge, Portillo ou Japirro, lévase un bo camiño cara o obxectivo que se leva perseguindo durante uns anos, que é o ascenso á primeira autonómica.