Nova victoria do equipo xuvenil que segue metido na loita polo campionato ligueiro.
Foi o do sábado un partido moi igualado no que os rapaces de Dani voltaron a amosar moita seriedade defensiva pero tamén a falta de gol que tanto nos está a pesar na competición.
Desta vez foi Xurxo, cando só restaban 10 minutos de partido, o que puxo en vantaxe ós nosos para conseguir un novo triunfo que nos coloca segundos cun pequeno colchón de puntos respecto os que nos perseguen na clasificación.
Por certo que toca reprimenda para os xogadores do equipo xuvenil polo acontecido na semana pasada diante do Dodro. Entendemos que hai tensión, nervos e moitas pulsacións pero nada de isto xustifica o ocorrido, por iso pedimos un pouco de cabeza primeiro por vós mesmos e despois polo clube. Consideramos esto como un erro puntual, algo aillado no comportamento dos rapaces pero que, loxicamente, non voltaremos a tolerar.
A xogar ó fútbol que é do que se trata.