23 feb 2011

Benxamín.

Victoria do equipo A sobre o B por un resultado de 6-2.
Moi mal tempo e peor terreo de xogo para un partido no que o equipo de Iago aguantou durante 15 minutos ó empuxe dos rapaces de segundo ano.
Pero apareceu Alberto que a base de forza e remate solventou o partido en 20 minutos. Aínda así os nenos do B seguiron loitando e conseguiron chegar a ir empatados 1-1 pero ó final impúxose a lóxica e o equipo A continúa líder e mantendo a vantaxe.

O equipo C conseguía derrotar no M.A.Cortizo á EF Lalín B por un tanteo de 1-2.Anxo e Mauro fixeron de goleadores nun encontro marcado pola ausencia de Alex na portería. Pero tódolos rapaces do equipo fixeron un partido moi completo e levaron os 3 puntos da visita a Lalín.
Agradecer dende aquí as facilidades dadas polos adestradores e coordinador da categoría benxamín da EF Lalín ó noso clube. Moito temos que aprender o resto de equipos...