23 feb 2011

RESUMEN DO QUE VAI DE TEMPADA

Achégase a parte final da competición para todos los equipos e toca facer balance das distintas categorías do noso clube.Un pequeno repaso á campaña de cada un dos equipos.

Senior:
O equipo adestrado por David continúa a pagar a xuventude do plantel e non consigue arrancar no seu grupo de 3ª Autonómica. Pese a todo trátase dun equipo que cando perde ou gaña suele ser pola mínima polo que creemos cun chisco máis de sorte ante os rivais fortes e con algo máis de puntería contra os máis débiles poderiamos falar dun conxunto situado na parte media alta da clasificación.

Séptimo na clasificación despois de 20 partidos disputados, 5 partidos gañados, 3 empatados e 12 perdidos. 24 goles a favor e 30 en contra e 18 puntos.

Xuvenil:
O equipo xuvenil, segundo clasificación a 4 puntos do líder, está metido de cheo na loita polo campionato ligueiro.Tras un inicio de campaña espectacular sen coñecer a derrota os rapaces de Dani sufriron un pequeno bache que foi superado rapidamente coa recuperación de algún dos rapaces de 3º ano. Trátase dun equipo moi novo cun único aspecto negativo a falta de gol (21 en 17 partidos), ocasións creanse pero o balón parece que non quere entrar.Polo contrario son poucos os goles que reciben, non chegan a un por partido (14).


Cadete:
Os rapaces de Patxi son un equipo de rachas, tanto encadean unha xeira de resultados positivos como non conseguen voltar á senda da victoria. Aínda así están afincados na parte media alta da táboa(séxto clasificado con 7 victorias, 3 empates e 7 derrotas) e seguen loitando por escalar postos. Temporada espectacular a de Fon que se está a destapar como un gran goleador.


Infantil:
Outro dos equipos que loita polos postos altos da clasificación. Os rapaces de Guille amosan cada fin de semana o seu potencial nunha liga moi disputada na que ata 5 equipos teñen posibilidades de acabar arriba. Terceiros na clasificación a 6 puntos do líder, bótanse en falta os 3 puntos perdidos fai agora unha volta co Ames na casa. Aínda así serán os enfrontamentos directos entre uns e outros os que determinen o posto de cada un.
Mención aparte merece José que con 48 goles amosa as súas condicións en tódolos campos.

Alevín:
Os rapaces de Neira están a amosar moi boas maneiras no que vai de tempada pero a falta de acerto ante a portería contraria está a pasar factura(sexto clasificado con 30 puntos). Ademáis dos 19 nenos que agora mesmo adestran con nós moitos de eles compiten por primeira vez polo que á hora de enfrentarse a rapaces que xa levan ata 4 anos competindo (ou máis) hai bastantes diferenzas. Pero trátase dun grupo con moito futuro e no que está a destacar un pouco por encima do resto o porteiro Rubén quen parece multiplicarse ás veces para sacar mans e pés imposibles.

Benxamín
Os equipos benxamíns continúan coa súa progresión.
Os rapaces de segundo ano do equipo A lideran a clasificación con 4 e 8 puntos sobre a EF Lalín e o Sporting que estos anos pasados mandaban na categoría. Gusto polo bo trato ó balón, fútbol combinativo e moita ilusión son as bases do conxunto adestrado por Pacheco que ten en Alberto á reencarnación do recén retirado Ronaldo... O único pero a boa tempada feita ata agora é a derrota en Lalín onde saímos durmidos e cando despertamos foi demasiado tarde.
O equipo B (adestrado por Iago), todo de primeiro ano salvo Sergi o porteiro, está deixando moi boas sensacións.Rápidos, técnicos e, o máis sorprendente, moi guerrilleiros sen dar un partido nin un balón por perdido. Gañan encontros e compiten cos maiores como se tal cousa. Un 10 para eles. E ollo porque rapaces coa clase de Pablo ou a rapidez de Vitor non hai moitos por ahí diante.
O equipo C quizáis sexa o que está a pagar máis a novatada. Moitos dos rapaces compiten por primeira vez (ata 6) e iso nótase. Pero seguen na loita na zona media, con Anxo facendo goles tódalas xornadas e aproveitando os rapaces de primeiro ano para ir coñecéndose e competir pensando no ano que vén. Sen dúbida unha aposta arriesgada a de facer 3 equipos pero que estamos seguros que dará os seus froitos de aquí a pouco tempo.
Un 10 para os 3 conxuntos que adestran todos xuntos, formando un gran grupo ó que da gusto ver adestrar.