10 mar 2011

Cadetes

Empate do equipo cadete diante do Campus Stellae nun encontro marcado pola actuación arbitral.
Fixeron os nosos un partido moi completo, con moita intensidade e actitude conseguindo poñerse por diante gracias a un bo gol de Brais.
Pero pouco a pouco o conxunto santiagués ía encerrando ós nosos para finalmente acadar o empate á saída dun corner nunha clara falta non sinalada.
A salientar o debut no portería de Adrián, porteiro infantil, que fixo un moi bo papel.