7 mar 2011

Infantil

Cómoda victoria conseguida polos nosos infantiles este sábado pasado en San Martiño ante o Cordeiro.
Xa dende o pitido inicial dominamos o partido, o cal se xogaba practicamente no campo contrario. Fruto de ese dominio foron chegando os goles por medio de Rafa que abría o marcador cun gol de cabeza. Pouco despois chegaban dous goles máis seguidos, anotados neste caso por Carballo, a quen esta semana Guille colocaba como dianteiro para sorprendernos a todos nesa nova demarcación. Minutos despois anota José o seu gol de rigor que supón o número 50 no seu haber en esta tempada, para marcharnos ó descanso do partido con 4 a 0.
A segunda parte sigue tendo a mesma constancia e dominio dos nosos que nos aportan outros tres goles máis, un por medio de Rafa de un lanzamento maxistral de córner, e como non Davíd Macía que anotou tamén por partida doble, para cerrar o partido co definitivo 7 a 0.
Agora, o que nos queda é traballar arreo esta semana para o sábado rendir visita ó líder Milladoiro na procura dos tres puntos en xogo. De seguro que si poñedes todo o empeño e saber que tendes, esos tres puntos nos acompañarán no viaxe de volta para Callobre.