7 mar 2011

Senior

Partido xogado en Touro contra o Prevediños nunha tarde primaveral que invitaba a disfrutar do futbol.

O dominio do balón e do xogo foi do Callobre, que disfrutou de múltiples ocasións de gol, pero que no primeiro tempo solo materializou un tanto no minuto 10 por medio de Emilio.

No comenzo da segunda parte, o Prevediños saeu a buscar a igualada no marcador, apretando arriba, pero foi cousa de poucos minutos, pois novamente o Callobre tomou as rendas do xogo e volcouse na area rival unha e outra vez, ata que logrou o premio despois de que Barreiro aloxase no fondo da rede un rechace do porteiro a un tiro de Sergi.

Cando xa se cumplia o tempo, eles acurtaban a vantaxe logrando un gol, pero ainda no desconto o seu porteiro luceuse unha vez máis nun man a man con Sergi, e Emilio lograba o definitivo 1 - 3 xa sobre o pitido final.

Partido moi limpo por ambos equipos, sen tarxetas nin xogo violento. Este marcador da fe da mala punteria dos xogadores do Callobre, pois por ocasións creadas, o resultado poido ser de escándalo.

Tamén reseñar a gran aportación que fixeron os 5 xuvenis que participaron no partido, debido as numerosas baixas por lesión, amonestación ou motivos persoais que tiña o plantel de David. Esto deixa claro que temos boa canteira e podemos mirar o futuro con ilusión e optimismo.