16 abr 2010

Infantil

Derrota do equipo infantil no partido do fin de semana nun encontro no que os nosos non puideron facer fronte á mellor condición física do seu rival que parecían cunha marcha máis que os nosos.
Ademáis, nos momentos en que os rapaces de Guille parecía que se podían meter no encontro aparecía o seu porteiro, que con paradas de moito mérito, desbartaba cada unha das ocasións dos nosos.
Cristian, con 2 goles, foi en esta ocasión ó noso artilleiro.

Alineación: Adrián, Héctor, David, Iván, Rafa, Cristopher, Jacobo, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Manu, Iago e Estela