16 abr 2010

Novidades e Felicitacións.

Chega un novo fin de semana no que xa só competirán benxamíns, infantiles e prebenxamíns á espera da chegada da copa no resto de categorías.

Mentres tanto temos novidades no que á páxina se refire, na parte superior esquerda da pantalla (xusto enriba do contador de entradas, por certo cada vez máis cerca de 20.000) aparece un novo enlace que permitirá ver as fotos dos diferentes equipos dende os máis pequenos ata o equipo senior para así ir poñendo cara ós nosos. Só tendes que clickear no enlace e buscarvos na foto. Para voltar á páxina principal pulsade enriba da cabeceira da páxina (onde aparecen os datos do noso clube) e listo.

Por outra parte, queremos dende aquí felicitar ó equipo A da EF Lalín de alevíns que un ano máis voltou a acadar o título de forma máis que brillante.Parabéns para eles e a disfrutar da Champions Alevín.