Victoria moi sufrida a conseguida este sábado dos nosos rapaces infantiles no campo de San Martiño ante o Flavia, equipo que marchaba na séptima plaza da clasificación.
Comenzo trepidante noso que nos primeiros minutos nos amosan as gañas que os rapaces tiñan de gañar este partido, e froito deste ímpetu chegan varias ocasións de gol que non se materializan, conseguido por fin o ansiado premio chegado xa o ecuador da primeira parte por medio de Cristian.
O partido segue moi embarullado no medio do campo sen ter un dominador claro. Cando xa case remataba a primeira parte conseguen o empate nunha falta de entendimiento da nosa defensa, o que fai aparecer algo de desánimo nos nosos rapaces.
Na segunda parte, despois de o adestrador Guille arengar ó equipo, o dominio noso acentúase máis e o que na primeira parte era un xogo no medio do campo, agora pasa a ser un xogo de abrir as bandas, o que fai que cheguen máis ocasións, conseguindo José dous goles máis para poñer o 3 a 1 definitivo para o Callobre.
Salientable son as lesións sufridas polos nosos, entre eles Hector, Adrián e John que non conseguiron rematar o partido. Esperemos que se queden en pequenos golpes e que non pasen a máis.
Alineación: Adrián, Xián, Iván, David, John, Christopher, Dani, Héctor, Cristian, Rafa, e José .
Tamén xogaron: Manu, Estela e Jacobo.