Partido moi disputado entre dous equipos bastante igualados en lineas xerais. Sairon os nosos rapaces moi mentalizados ó campo, pero ós poucos minutos xa se puxeron os locais con un gol de vantaxe. Pouco despois, logo de unha xogada involuntaria chega a lesión do noso defensa Dani, que deixa ós nosos con 10 xogadores perante uns minutos, circunstancia que fai que chegue o segundo gol para eles. Este segundo gol espolea ós nosos rapaces que se van para diante pasando a dominar o partido. Fruto de este dominio chega o primeiro gol (un golazo) de Miguel, para minutos despois chegar o segundo gol obra de José.
Na segunda mitade sigue o dominio algo superior dos nosos pero son eles os que consiguen o terceiro gol, para na seguinte xogada conseguir nós o empate, como non obra de José que á postre sería o resultado final do partido.
Alineación: Iago, Dani, Christopher, Jacobo, Miguel, Cristian, Rafa, Xián, Iván, José e John.
Tamén xogaron: Adrián, David, Hector, e Manu.