1 feb 2010

Infantil

Intensidade, tensión e alegría final son os adxetivos que resumen o partido disputado polo noso equipo infantil este sábado no campo do Xuventude de Oroso. Saltaron os rapaces moi concentrados polo que supoñía o partido para nós.
Pronto pasamos a ser os dominadores do encontro, dando como fruto os dous primeiros goles para minutos despois conseguir eles o seu primeiro, chegando así ó final da primeira mitade con 1 a 2 para nós.
Na segunda parte segue o dominio noso para conseguir o terceiro gol que fixo que os nosos se relaxaran demasiado sendo un acicate para eles, que se votaron cara adiante para en pucos minutos ponerse gañándo 4 a 3 faltando dez minutos para a finalización do partido. Este resultado lonxe de afundirnos moralmente como noutros partidos, dounos o ímpetu necesario pasando a ser en estos minutos finales os dominadores totales do partido, conseguindo dous goles máis (o quinto no último minuto) o que supoñía o quinto de José e o quinto para o noso equipo, chegando o pitido final que da paso a unha alegría desmedida de todos os xogadores e afección que alá os acompañamos.
Rapaces, poñede o mesmo empeño nos vindeiros partidos que de seguro que voltades a darnos outras alegrías como a de este sábado.
Como nota final, recordarlle a Rafa que, o “vale 4” do truco vale: 4... JE!

Alineación: Adrián, Manu, Dani, David, Jacobo, Iván, Cristopher, Rafa, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Rubén, Estela, Hector e Xián.