Unha segunda parte totalmente oposta ó xogo desplegado na primeira fixo que voltáramos para Callobre con un contundente 7 a 2. Enfrente estaba o Dubra, un equipo dos fortes do grupo que fixo méritos para levarse o partido.
A primeira metade foi disputada de poder a poder polos dous bandos. Conseguen, ós poucos minutos do inicio, os locais o primeiro gol que espoleou ós nosos rapaces que pasaron a ser dominadores totais do partido. Fruto de ese dominio chegaron as ocasións para o Callobre e así o noso dianteiro José conseguiu o gol do empate. No último minuto da primeira mitade chega un dos goles psicolóxicos do partido nunha falta de entendimiento entre defensa e porteiro, finalizando este primeiro tempo con 2 a 1 para eles.
A segunda mitade comeza cos nosos rapaces convencidos de darlle a volta ó marcador, ilusións que se truncan xa no primeiro minuto desta reanudación cun novo tanto local, un duro golpe para os nosos rapaces que, pouco a pouco vían como chegaba gol tras gol na nosa contra, conseguindo José o segundo gol que maquillaba un pouco o resultado final.
Malia o resultado final compre darlles ánimos ós nosos rapaces que en todo momento amosaron unha entrega total perante os 80 minutos do partido.
Alineación: Iago, Dani, Christopher, David, Iván, Hector, Miguel, Rafa, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Rubén, Estela, Jacobo, Xián e Manu.