Un regular partido o xogado polos nosos rapaces supuxo unha nova derrota, neste caso contra o equipo que nos perseguía na clasificación.
A primeira parte foi dominada por eles sen conseguir achegarnos á portería rival, mentras que eles chegaron en varias ocasións conseguindo dous goles. Na segunda metade cambiou a decoración do partido pasando a ser totalmente noso. Ós poucos minutos conseguimos o primeiro gol por medio de Rafa, pero eran tantas as ansias de ir a polo partido que o Ames á contra conseguiu adquirir moita vantaxe poñéndose cun contudente 5 a 1 no marcador que parecía insalvable, pero gracias ó pundonor dos nosos, por medio de John e Cristian en dúas ocasións maquillamos o resultado co definitivo 5 a 4. Aínda houbo ocasións para levarnos o partido ó peto en duas xogadas de José que foron sendos balóns á madeira.
Alineación: Iago, Dani, David, Christopher, Iván, Jacobo, Xián, Rafa, Cristian, Hector e José.
Tamén xogaron: Adrián, Estela, Manu e John.
Goles: Cristian (2), Rafa e John.