Victoria pola mínima do equipo xuvenil diante do Bertamiráns.
Empezaron os nosos moi fortes, con posesión do balón e presión ó contrario e así, aos 10 minutos, Sergio conseguia o primeiro tanto.
Este gol afianzou aínda máis ós nosos que foron polo segundo que conseguía Jacobo á saída dun corner cun bonito remate de tacón.
Pero a partir de ahí o equipo visitante veuse arriba e comezou a poñer en apuros a porta defendida por Marcos.
As cousas complicáronse máis na segunda metade, un gol á sáida dunha falta lateral mal defendida e a expulsión de Yván poñían o resultado de 2-1 moi incerto pero os rapaces de Dani aguantaron as embestidas visitantes e aínda puideron facer o 3º por medio de Martín, Iván A. ou Sergi que marraron as contras das que dispuxeron.
Callobre c.f.: Marcos, Bibi, Esteban, Jaco, Miguel, Portillo, Gabo, Jorge, Yván, Rubén e Sergi.
Tamén xogaron: Diego, Dani, Fita, Martín e Iván A.