Voltou o equipo infantil á senda do triunfo, esta vez diante do Pontecesures, brindándonos a todos os asistentes un agradable partido de xogo e goles.
Saltaron os rapaces agora dirixidos por Guillermo ó campo moi motivados e coas ideas moi claras do que querían, dando como fruto a chegada o primeiro gol ó pouco de empezar o partido por medio de José. SEgue o dominio insistente dos nosos e chegamos ó final da primeira metade con 4 a 0 para o Callobre.
A segunda parte segue a mesma tónica de dominio pero pola contra, grazas a un inexistente penalti, o Pontecesures acurta distancias. Lonxe de facer mella nos nosos rapaces, foi un acicate para irse para diante conseguindo tres goles máis, cerrando o partido cun resultado final de 7-1 .
A seguir así rapaces que, con esa actitude de loita, entrega e sobre todo o traballo en grupo amosado, de seguro que nos ides a dar a todos moitas alegrías como a do sábado.
Alineación: Adrián, Manu, Xián, David, Iván, Rafa, Cristopher, Jacobo, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Iago e Estela
Goles: Cristian (3), José (2) e John (2).