30 mar 2010

Xuvenil

Non puido ser e finalmente o noso equipo xuvenil terá que conformarse con xogar a promoción de terceiros debido a derrota sufrida diante do Sp. Estrada.
Empezou o encontro con retraso pola merecida homenaxe que o noso clube tributou a Xosé Pombo, colaborador do equipo nos comezos e que recibiu unha serie de agasallos do equipo.
No que ó partido se refire moita loita, moita disputa pero pouco tino dos 2 equipos a hora de mover o balón. Adiantouse o Sporting cun tanto de cabeza tras un rechace do longueiro na súa primeira ocasión do encontro e collía máis vantaxe cun gol en propia porta de Gabo que poñía o partido moi complicado. Pola nosa parte, as incursións de Sergi e un tiro lonxano de Jorge foron o máis destacado. A expulsión do seu dianteiro, o seu mellor xogador, daba un pouco de folgos ós nosos que entraron con gañas na 2ª metade. Gabo, con 2 claras ocasións, tivo a opción de meter ós nosos no partido pero foi á terceira cando o conseguiu coas forzas xa niveladas pola expulsión de Bibi.
Empuxaron os rapaces de Dani ó final do encontro pero o Sporting, sen crear demasiado perigo, soubo administra-la vantaxe.Todo isto, unido as victorias do Ortoño nos encontros de xoves e sábado, facía inútil calquera resultado.
Felicitar de todas formas ós nosos rapaces que foron, de largo, o mellor equipo da segunda volta da liga.
Callobre c.f.: Marcos, Jacobo, Gabo, Suizo, Esteban, Jorge, Yván, Sergio, Martín, Rubén e Portillo.

Tamén xogaron: Jorge, Bibi, Japirro e Miguel.