Tras o parón de semana e varios días de inactividade na páxina pola escasez de partidos dos nosos equipos (coa salvedade da categoría alevín da que daremos conta nos próximos días) volta a competición para os equipos que todavía non finalizaron os seus compromisos ligueiros.
Infantil, alevín, benxamín e prebenxamin afrontan con gañas ó retorno ó "traballo".
Recordar a todos os que xa xogan en fútbol 11 que este fin de semana toca viaxe a A Coruña para ver o partido do Depor contra o Racing de Santander. O día 8 de maio será o turno dos máis pequenos.
Por outro lado, xa coñecemos os rivais do equipo benxamín no memorial Miluco e Alfonso que se disputa no campo de Figueroa: Abanqueiro, Luis Sanz e Cruceiro de Hío. Sen dúbida un grupo dos máis complicados do torneo, pois tanto Abanqueiro como Luis Sanz son líderes destacados nos seus grupos.
Por último dicir que hoxe terá lugar o sorteo da Copa do Sar das distintas categorías polo que tan pronto sepamos o que este depara darémolo a coñecer na páxina.
Un sáudo!