22 feb 2010

Infantil

Segunda victoria consecutiva dos nosos rapaces infantiles no campo de San Martiño ante o Esquio, equipo que nos precedía na clasificación e ó que, grazas a este triunfo, conseguimos arrebatar a novena plaza que antes do partido tiñan eles.

Comenzo trepidante noso que no primeiro minuto xa da como froito o primeiro gol por medio de José. Segue sendo o dominio do noso equipo e así chega o segundo, un gran disparo de Cristian diante do cal o porteiro contrario nada pode facer. Minutos despois boa xogada de José que sube o terceiro ó marcador, chegando ó final da primeira parte co resultado de 3 a 0 para nós.
Na segunda parte os nosos xa foron máis conformistas, e fruto de este conformismo pasamos a ver un partido bastante anodino e por veces aburrido, conseguindo eles un gol que á postre sería o 3 a 1 definitivo.
Agora a pensar na próxima semana para ver de conseguir a terceira victoria consecutiva de tempada que casi con toda seguridade nos da como premio ascender outro posto na clasificación.

Alineación: Adrián, Jacobo. Iván, David, Xián, Christopher, Dani, Hector, Cristian, Rafa, e José.
Tamén xogaron: John, Estela e Manu.