23 feb 2010

Xuvenil

Continúa a boa racha do equipo xuvenil que neste fin de semana se desfacía do Cordeiro por 3-0.
Saíron os nosos con gañas de amosar a súa superioridade diante dun dos equipos que na primeira volta conseguira arrebatarlle 2 puntos ó equipo de Daní e así quedou plasmado no xogo e no marcador cando, despois de varias ocasións marradas, Esteban conseguía poñer o 1-0 co que se chegaba ó descanso.
Non acusaron ós nosos as baixas en ningún momento e durante os segundos 45 minutos, de novo Esteban cun gran tiro dende fóra da área e Miguel, á saída dun corner, poñían o 3-0 definitivo.

Destacar a aportación de Dani no se debut como porteiro ante a baixa por lesión de Marcos.