24 feb 2010

Cadetes.

Derrota do equipo cadete diante do San Marcos nun encontro con unha parte para cada equipo.
Empezaron os nosos moi centrados, loitando e sen conceder nin un respiro ó equipo santiagués e froito de esto chegaron os goles de Xurxo e Alex que reflexaban o que se estaba a ver no terreo de xogo, por chamarlle algo ó campo...
Pero a expulsión de Alberto antes de rematar a primeira metade acabou pasando factura e, nunha segunda metade dominada polos locais, estos conseguiron remontar e acabar vencendo por 3-2 nun bo partido con emoción e goles.
Pequeno tirón de orellas ó que lle damos a Alberto non só pola expulsión senón tamén polos partidos que lle caíron...pois acabouse para el a tempada.

Callobre c.f.:Manu, Yago, Fabio, Berto, Detena, Brais, Javi, Jaco, Ruben, Xurxo, Alex
Tamen xogaron: Cofan, Diego, Calvix, Eloy, Fon