Segunda derrota consecutiva dos nosos rapaces diante do equipo que ven comandando a clasificación do grupo demostrando o porque da súa posición.
Non foi un xogo preciosista o que desplegou o Cordeiro o sábado en San Martiño pero si eficaz de cara o gol. Trátase dun equipo moi compensado e con rapaces moi grandes e fortes, sendo na súa maioría de segundo ano.
Na primeira metade foi un partido con dominio alterno aínda que superior por parte visitante creando ocasións que transformaron en gol, mentres que os nosos apenas si crearon ocasións claras, terminando con un contudente 0 - 4. Na segunda metade voltou a estar moi equilibrado o partido con dominio para os dous bandos chegando ó pitido final co mesmo resultado..
Bo partido o xogado polos nosos rapaces que se continúan así, seguro que acadamos postos máis altos que no que nos atopamos. E agora a pensar no Dubra que presuponse outro “coco”.
Alineación: Adrián, Manu, Christopher, Iván, Miguel, David, Xián, Rafa, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Rubén, Estela, Dani, Iago e Hector.