25 nov 2009

Benxamín. 6ª xornada.

Caeu derrotado o equipo benxamín "A" diante do Touro por 1-3 nun partido marcado pola choiva e o frío.
Foi o do sábado un encontro moi igualado no que os nosos tiveron opción de poñerse por diante no marcador durante a primeira metade pero no que non houbo acerto, mentres o Touro, co vento en contra, apenas era quen de achegarse á portéría de Jonathan.Así chegamos ó descanso con empate sen goles.
As cousas cambiaron na segunda metade e despois de 4 corners seguidos o Touro aproveitaba un balón morto na frontal para adiantarse no marcador. Nestes 5 minutos de incertidume o equipo visitante facía o segundo. A partires de ahí, os nosos foron a polo encontro e David poñía o 1-2 no marcador. Tras varias ocasións erradas, o Touro no último suspiro facía o terceiro nunha contra.

Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Manu, David, Adrián, Ángel, Iván e Nogui.

Empate do equipo "B" diante do Sporting nun encontro que os nosos ben puideron acabar vencendo.
As cousas puxéronse de cara cando Alberto, na primeira metade e por partida dobre, daba vantaxe ós nosos chegando ó descanso con 2-0. Pero na segunda metade o Sporting conseguía empatar a base de empuxe e forza. De novo Alberto nunha contra poñía por diante ós nosos benxamíns e Miluco cun gol anulado puido pór a sentencia. Pero cando xa o tempo se cumplira un erro no pase permitía ós visitantes plantarse diante de Alex e facer o definitivo 3-3.

Callobre c.f.: Iván, Alex, Pedro, Paulo, Jose, M. Anxo, Miluco, Sergio, Alejandro e Alberto.