Mostrando entradas con la etiqueta Benxamin 2009-2010. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Benxamin 2009-2010. Mostrar todas las entradas

9 jun 2010

I TORNEO CALLOBRE C.F- BENXAMÍN

Turno agora para o torneo bexamín. Durante a mañán disputáronse os encontros da liguilla, moi igualados case todos eles e con victorias polas mínima, decidindo incluso o primeiro posto por medio da tanda de penalties. Finalmente as semifinais quedaron configuradas da seguinte maneira:
Callobre c.f.- Lesende.
Sp. Estrada - Cruces.


Na primeira de elas os nosos rapaces non tiveron fortuna e despois de errar 2 claras ocasións na primeira metade acabaron sucumbindo cun gol a falta de 3 minutos para rematar o encontro.
Na seguinte semifinal o Sp. Estrada non se amosou permisivo co rival e conseguiu vencer por 4-2 clasificándose de forma merecida para a gran final.

Finalmente os nosos rapaces quedaron en 3º lugar tras golear por 5-0 ó equipo cruceño no primeiro partido en que os nosos amosaron as cualidades que sabemos que teñen.
E na gran final o Lesende non puido co Sporting. Un gol en propia porta nun intento de despexe supuxo a victoria do equipo verdeamarelo no I Torneo Benxamín Callobre c.f.

Clasificación Final:
1- Sp. Estrada
2- Lesende
3- Callobre c.f.
4- Cruces.

2 jun 2010

Benxamín

O pasado sábado tivo lugar un encontro amigable entre os nosos equipos benxamíns, pedido polos pais- aficionados dos conxuntos, para desfacer o empate de victorias que se produxera durante a liga.
Non imos falar apenas do encontro, só do bo ambiente e da cordialidade existente entre nenos e pais de ambos equipos, que fixo que todo terminara cunha boa cea entre xogadores, pais e adestradores e que se prolongou ata a madrugada coa celebración dun novo encontro de todos contra todos...nais, pais e rapaces.



No que o partido dos nenos se refire de novo moita igualdade, 0-0 ó final do encontro polo que xogaron unha pequena prórroga na que o equipo A levou o partido con goles de Iván e Nogui.

Felicitar dende aquí, e xa non é a primeira vez, ós pais por facer dos nosos benxamíns un grupo tan unido.

26 may 2010

Memorial Milucho e Alfonso.

Bo papel o dos nosos benxamíns no Memorial Alfonso e Milucho disputado o pasado sábado no campo Municipal de Figueroa.
Sabiamos do complicado dos rivais que nos tocaran no grupo e as nosas previsións non erraron. Comezamos o torneo diante do Cruceiro A e chegando a poñernos por diante grazas a un gol en xogada de estratexia de Adri. Pero o equipo de Cangas achuchaba e conseguiu darlle a volta ó marcador.
O seguinte partido o rival era un dos favoritos para o título e finalmente 3º clasificado, a EF Luis Calvo que non concedeu opción aos nosos e apoiados no mellor xogador do torneo, así elexido polos adestradores, levaban o partido con claridade.
E finalmente o Abanqueiro, tamén bo equipo pero que non conseguiu sentenciar ata os últimos 3 minutos (2-0).
Así que chegabamos a fase de consolación e o rival de turno un dos equipos da EF Lalín que durante todo o ano mandaron na Liga...pero os nosos rapaces amosaron as súas cualidades e endosaronlle un 4-0 con actuación estelar de Adrián, autor dos 4 goles.
Nas semifinales o rival foi a EF Portero 2000, bo equipo tamén ó cal derrotamos por penalties (David, Manu e Miluco) despois dun partido moi igualado con ocasións para os 2 bandos.
E na final de novo o Cruceiro de Hio, o que demostra a dificultade do grupo, que de novo nos vencía por 2-1 (Alberto) pero vendendo moi cara a derrota.
Un dez para os rapaces dos que só Manu e David eran de 2º ano e que demostraron que nos van a dar moitas alegrías.

Participaron no torneo: Jonathan, Sergio, Manu, Milucho, David, Iván, Xandre, Alejandro, M. Anxo, Adrián, Anxo, Alberto..

10 may 2010

Benxamín

Rematou a competición no categoría benxamín con distinta sorte para os nosos equipos.
O equipo A viaxaba ata Melide onde conseguía vencer por un claro 1-6 que mostra a superioridade dos nosos durante todo o encontro. Adrián, David (2), Manu, Iván e Anxo facían os tantos dos nosos.

Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Manu, David, Iván, Anxo, Nogui e Adrián.

O equipo B, pola súa parte, caía derrotado en San Martiño diante do EF Lalín C por un axustado 4-5. Empezou mal o partido e o equipo visitante facía 3 goles en 10 minutos e poñía terra de por medio no encontro. Pero antes do descanso, cun gran Iván comandando ó equipo, conseguimos empatar. Os visitantes conseguían de novo vantaxe de 2 goles e Alberto, de falta directa, poñía o 4-5 (Iván (2), Alberto e Miluco).
Iván, con 2 claras ocasións, ou Alberto puideron facer o empate pero non houbo sorte.
Gran final de campaña dos rapaces de Luis que levaban 5 semanas sen coñecela derrota.

Callobre c.f.: Alex, Sergio, Iván, Miluco, Alejandro, Paulo, Jose, Pedro, M. Anxo e Alberto.

Felicitar dende aquí a tódolos rapaces polos seus progresos e polas súas gañas nun ano que sabiamos que ía ser complicado pola falta de xogadores de segundo ano. Agora a seguir adestrando e a gañarse a convocatoria para os torneos.

7 may 2010

Benxamín

Meritorio empate o conseguido polo equipo benxamín A diante do Sp. Estrada, 3º clasificado.
Foi o do domingo un partido moi disputado, no que os nosos voltaron a amosar moitas gañas de face-las cousas ben. Anxo, ó pouco de comezar, facía o 1-0 despois de loitar coa defensa do Sporting e recuperar o balón ata deixalo dentro do marco.
Sen embargo, o equipo visitante conseguía empatar mediante un golazo de falta ante o que Jonhy pouco podía facer. Así ó descanso, 1-1.
Na segunda parte houbo ocasións para os 2 equipos: Adri, cun tiro por enriba do longueiro, David, con gol anulado(e moi discutido pola afición) ou Anxo puideron facer o segundo pero tamén Jonathan facía 2 paradas de moito mérito.
Xusto reparto de puntos e agora a terminar con bo sabor de boca na visita a Melide, onde esperamos non ocurra o mesmo que na primeira volta....

Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Manu, Ángel, Iván, David, Adrián, Anxo e Nogui.
O equipo B, pola súa banda descansaba.

28 abr 2010

Benxamín

Victoria do equipo B no derbi disputado en San Martiño por 1-2.
Cada vez máis seguros de si mesmos se mostran os rapaces de Luis que desta vez apenas concederon oportunidades ó equipo A que só consegui achegarse por medio de balóns largos que Alex se apuraba a deter con acerto.
Alberto, tras unha xogada de forza e garra, facía o primeiro ós 15 minutos pero Adrián, ó pouco de empezar a 2ª metade, poñía o empate. Pero non era o día do equipo A que ante a falta de acerto nos pases comezou a desesperarse ata acabar sucumbindo mediante un gol de M.Anxo.
Merecida victoria para os rapaces que continúan coa súa racha.
Ó final do encontro pizza para os nenos e churrasco para os pais nun tarde de fútbol que se prolongou ata á noite cunha boa festa entre todos. Noraboa a tódolos rapaces e felicitacións para os pais polo ambiente creado.

Callobre A: Jonathan, Xandre, Angel, Iván, Adrián, David, Anxo e Manu.
Callobre B: Alex, Iván, Sergi, Miluco, Pedro, M.Anxo, Alberto e Alejandro.

20 abr 2010

Benxamín.

Derrota do equipo benxamín A na visita ó MA Cortizo de Lalín.
Despois de 3 semanas de parón por culpa das vacacións de Semana Santa e o partido de descanso voltaron os nosos á competición nun encontro perdido por 10 minutos de inspiración local.
Adiantouse o equipo local ós 10 minutos pero pouco tardaron os nosos en conseguir empatar. Entre os minutos 15-25 entramos nunha páxara que permitiu ó equipo dezán marchar con suficiente renta ó descanso (5-1).
Pero na segunda metade foron os nosos rapaces moi superiores acercándose a un tanto (5-4) e contando con opcións claras de levar o encontro nos pés de Anxo, Adri ou Nogui. Ó final derrota pero partido dos que gustan polo apretado e as alternativas e no que contabamos coa máis que importante baixa de Manu, un dos 3 xogadores de último ano que hai nos 2 equipos benxamíns.

Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Angel, Iván, Adri, David, Anxo e Nogui.
Goles: Anxo(2), David e Adri.


O equipo B pola súa banda conseguía encadear a súa 3ª semana sen coñece-la derrota empatando diante do Silleda nun encontro que merecemos gañar con claridade pero a a falta de acerto durante a primeira metade impediuno.
Alberto, M.Anxo, Miluco, Iván ou José tiveron ocasións suficientes como para sentenciar durante a primeira metade mentras Alex só tiña que desbaratar 1 boa ocasión visitante. Sen embargo, no tempo de lecer 0-0.
Empezamos a segunda mandando de novo e abrindo por fin o marcador. Pero 2 xogadas desgraciadas facían que nun minuto o Silleda adquirira, sen merecelo, vantaxe. A partir de ahí, remontada dos nosos (3-2), novo empate e outra vez por diante (4-3) ata que a falta de 1 minuto un balón colgado o que non chega Alex permite a igualada dos visitantes. Aínda houbo tempo para que Iván, nun man a man co porteiro, deixara a victoria pero o cancerbeiro silledense, o mellor do seu equipo de largo, conseguía, outra vez, deter o tiro e amarrar un punto.

Callobre c.f.: Alex, Sergio, Iván, Miluco, M.Anxo, Alberto, José , Alejandro e Pedro.
Goles: Alberto(2), Iván e Miluco


Este sábado toca o partido entre os nosos, un derbi no que os nosos darán un bo espectáculo e que terminará cunha pequena festa entre tódolos rapaces e pais...como ten que ser.

13 abr 2010

Benxamín

Nova victoria dos benxamíns B que continúan a mostrar cada semana que pasa unha mellor cara.
Esta vez tocaba visitar ó Silleda B e os nosos rapaces amosáronse moi superiores durante todo o encontro. M.Anxo, deixando de novo mostras da súa clase, e Alberto, atento sempre a calquera balón solto, fixéron os tantos dos nosos rapaces no que a defensa comandada por Alejandro e Iván mostrouse contundentes e sen apenas erros.
A seguir así.

Callobre c.f.: Alex, Sergio, Iván, Alejandro, Miluco, José, Alberto, M.Anxo e Pedro.

O equipo A tocoulle descansar ata a vindeira semana.

29 mar 2010

Benxamín

Victorias dos equipos benxamíns antes do parón ligueiro polas vacacións de Semana Santa.
O equipo A conseguiu a súá terceira victoria consecutiva logo de vencer ó Silleda por un claro 5-1.
David, cun hattrick, Adrián e Xandre fixeron os tantos do encontro no que os nosos fixeron unha moi boa primeira parte, tentando mover o balón en todo momento e sen que Jonathan tivera que apenas intervir. Pero a falta de acerto impediu conseguir o gol con anterioridade tendo que esperar ata o minuto 15 do primeiro periodo. No descanso, sen embargo, a cousa xa estaba encarrilada (3-0).
Baixaron os nosos na 2ª metade na que as cousas non saían coma antes. O Silleda facía o seu tanto da honra pero finalmente os rapaces voltaban a poñer terra de por medio(5-1).

Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Manu, Angel, David, Adrián, Iván, Anxo e Nogui.

O equipo B conseguía vencer ó Cruces nun partido moi igualado que finalmente caeu do noso lado.
Durante a primeira metade tanto un equipo como outro non dispuxeron de ocasións moi claras e o partido transcorría con tranquilidade para o noso porteiro, Alex, e o cancerbeiro cruceño.
Tras o descanso o Cruces conseguía adiantarse pero nada máis sacar Alberto facía o tanto do empate. M.Anxo cunha gran xogada daba a volta ó marcador facendo o 2-1 definitivo.
Pero durante os últimos minutos houbo que sufrir cun desconto desproporcionado nas categorías nas que nos atopamos.

Callobre c.f.: Alex, Sergio, Iván, Alejandro, Miluco, M.Anxo, Pedro, Paulo, José e Alberto.

25 mar 2010

Benxamín.

Victoria do benxamín A diante do Silleda por 1-3.
David, Adrián e Iván foron os encargados de materializar a superioridade dos nosos no campo. Soamente a choiva caída que fixo do campo de Silleda unha lagoa que impediu que os nosos rapaces conseguiran traer unha maior renta de goles.
Aínda así foi un bonito partido con bos detalles dos rapaces de ambos equipos e co que os nosos apuran as opcións de seguir subindo postos.

Callobre c.f.: Jonathan, Manu, Xandre, David, Angel, Nogui, Iván, Adri e Anxo.

Derrota do equipo B na visita a Touro no que os seus rapaces de 2º ano voltaron a marcar a diferencia coma no encontro da primeira volta.
Sergi, a quen lle foi anulado un gol, e Alberto tiveron as nosas opcións máis claras pero non era o día e acabamos sucumbindo merecidamente e cos nosos bastante cansados polos 2 partidos disputados en apenas 24 horas pois no día anterior recibían os rapaces de Luis a visita do líder que fixo tal condición e levou os 3 puntos con merecemento. Iván fixo o tanto da honra.

Callobre c.f.: Alex, Sergio, Alejandro, Iván, M.Anxo, José, Paulo, Pedro, Alberto e Miluco.

17 mar 2010

Benxamín

Sufrida victoria a conseguida polo equipo A dos benxamíns na visita ó campo de San Martiño da SD Cruces.
Primeira parte moi igualada, con momentos de dominio para os 2 equipos pero sen que ningún dos 2 conseguise abri-lo marcador. Manu e David, tras unha espectacular xogada persoal dende á nosa área tiveron as opcións máis claras para os nosos.
Durante os segundos 25 minutos os nosos foron mellores e así o deixaron claro poñéndose no marcador cun 3-0 de vantaxe con goles de David e Adrián por partida dobre. Incluso houbo opcións de acadar algún tanto máis pero Adri non puido completar o seu hattrick. A falta de 5 minutos o equipo visitante facía a seu gol e volveu a apretar ata o final dun encontro con victoria merecida pero sufrida.
Este sábado visita a Silleda.

Callobre c.f.: Jonathan, David, Angel, Manu, Xandre, Iván, Nogui, Anxo e Adrián.

O equipo B caía derrotado diante do Sporting Estrada que fixo valer a superioridade física do seu equipo acompañada cun par de moi bos futbolistas. Aínda así tiveron os nosos as súas ocasións nos pés de M. Anxo e Alberto pero non foi ata a segunda metade cando Alberto, sempre atento a cazar o seu gol, facía o tanto da honra para os nosos.
Agora tocan 2 partidos no fin de semana. O venres, ás 11.00, diante do EF Lalín e o sábado ás 17.00 en Touro.
Callobre c.f.:Alex, Alejandro, Iván, Miluco, Sergio, M.Anxo, Alberto, Paulo, Pedro e Jose.

9 mar 2010

Benxamín.

Caeu derrotado o equipo benxamín na visita ó campo do Touro. Empezaron ben os nosos, adiantándose no marcador e sen apenas pasar apuros e intentando aproveitar as contras levadas por Anxo e David que finalmente non se convertiron en gol. Pero co paso dos minutos o equipo local achegábase á nosa porta, e así, tras un balón perdido no borde da área conseguía o empate.
Non sentou nada ben o descanso que saíron completamente durmidos na segunda metade para ó final acabar sendo goleados nun partido moi malo pola nosa banda.

Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Manu, David, Angel, Adri, Anxo, Nogui e Iván.
Gol: David.

Por fin chegou a victoria do equipo B que despois de varios partidos perdidos pola mínima e de forma inxusta conseguía no derbi estradense a victoria por un apretado 4-5. Pronto os nosos se poñían por diante facendo boas xogadas e amosando moitas gañas de coller vantaxe.E así conseguían poñerse con 0-2 pero o Sporting en 10 minutos dáballe a volta ó marcador.
Así entrou o partido nun fase de goles alternos e moito nerviosismo ata que Alberto
facía o tanto definitivo e o 5º da súa conta e que o coloca entre os máximos goleadores do campeonato a pesar de ser de primeiro ano e dos partidos que durante a primeira volta se perdeu por enfermidade.
Felicitamos a tódolos rapaces e a disfrutar das pizzas que os adestradores se comprometeran a pagar...

Callobre c.f.: Alex, Iván, Alejandro, Paulo, Jose, Pedro, Alberto, M.Anxo, Miluco e Sergio.

25 feb 2010

Benxamín.

Victoria do equipo benxamín "A" na visita ó campo de Figueroa.
A pesar do contundente da victoria (1-4) os nosos rapaces estiveron un pouco desafortunados e non conseguiron facer un boas xogadas en case ningún momento do encontro. Empezou o Sporting adiantándose na súa aproximación, un centro dende a esquerda que botaba diante de Jonathan e que o despistaba pola rapidez do mesmo.
A partir de ahí o equipo local apenas se achegou a nosa área, só un par de contras que os nosos cortaron a tempo.
Pola nosa banda, Adrián, David (2) e Anxo facían os goles que culminaban a remontada e dispuxeron ademáis de múltiples ocasións que fixeron dos porteiros locais os máis destacados do encontro.

Callobre c.f.: Jonathan, David, Manu, Ángel, Iván, Adrián, Nogui e Anxo.
O equipo "B" caía derrotado diante do 2º clasificado nun partido marcado polos primeiros 15 minutos nos que os nosos encaixaban 3 goles que poñían o partido costa arriba. Pero a partir de ahí moita igualdade e ocasións para os 2 bandos.
Alberto (2), M. Anxo e Sergi foron os autores dos nosos tantos nun encontro que remataba con 7-4 para o equipo dezán.
Agora chega o líder así que a apreta-los dentes e emplearse a fondo.

Callore c.f.: Alex, Iván, Alejandro, Paulo, M.Anxo, Miluco, Sergi e Alberto.

15 feb 2010

Benxamín.

Derrotas contundentes dos 2 equipos benxamíns nos partidos da pasada xornada.
O equipo "A" recibía a visita do líder que amosou o porque da súa posición na táboa e goleaba ós nosos que en ningún momento puideron facer frente ó seu rival. Só Manu, cun gran gol de falta e cunha loita digna de mención durante todo o encontro, mantivo o tipo durante o partido.
Destacar a participación de Diego e Rafa, todavía prebenxamíns, que ante as baixas dos nosos viñeron a disputar os seus primeiros minutos de fútbol 7.

Callobre c.f.: Jonathan, Iván, Ángel, Xandre, Manu, David, Nogui, Rafa e Diego.

O equipo "B" pola súa banda tampouco puido sumar na visita do Silleda que aproveitou a superioridade física para levar os puntos. Non fixeron os nosos un mal partido, tentando combinar e con ocasións nos pés de Alberto e M. Anxo, pero non era o día e o balón non quixo entrar.
Só queda ter paciencia e esperar porque sabemos que este equipo de primeiro ano dará boas tardes de fùtbol a afición de San Martiño.

Callobre c.f.: Alex, Iván, Alejandro, Miluco, M.Anxo, Jose, Paulo, Sergio e Alberto.

11 feb 2010

Benxamín.

Derrota do equipo de benxamíns diante do 2º clasificado, a EF Lalín "b".
Non fixeron os nosos unha boa primeira metade na que o equipo do Deza se amosou superior ós rapaces de Pacheco pero sen dispor de demasiadas ocasións. Só o seu número 9, pichichi da categoría,cun gran gol batía por primeira vez Jonathan. Un tiro lonxano que parecía marchar fóra e que se colou despois de dar no pao permitía o equipo local adquirir vantaxe de 2 goles.
Foron mellores os nosos durante a segunda parte na que dispuxeron de ocasións suficientes como para meterse no partido pero un corner a favor que acabou en gol en contra e o posterior saque de centro e pérdida de balón na área botaba por terra o bo traballo feito ata ese momento.

Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Angel, Manu, David, Adri, Anxo, Nogui.

O equipo B caía tamén diante do At. Melide nun partido no que os nosos foron moi superiores pero no que a falta de tino á hora de buscar portería foi determinante para acabar sucumbindo.
Alberto poñía ós nosos en vantaxe e Iván, Miluco ou M. Anxo tiveron a posibilidade de sentenciar pero non puido ser e nun visto e non visto o equipo local remontaba e o partido remataba.

Callobre c.f.: Alex, Alejandro, Iván, Pedro, Paulo, Jose, Milu, M. Anxo, Alberto e Sergio.

1 feb 2010

Benxamín.

Nova victoria do equipo benxamín que vén de gañar 6 dos seus 7 últimos partidos.
Empezaba mal o encontro cando o Silleda conseguía adiantarse ós 40 segundos de xogo nun erro da defensa, o único de todo o encontro. Durante os primeiros 5 minutos non parecía que os nosos rapaces tiveran un bo día pero a partir de ahí cambiaron as cousas pasando a dominar por enteiro o balón e ó rival, facendo sen dúbida os 20 minutos máis completos de toda a tempada. Sen embargo, ó descanso o marcador seguía a ser desfavorable. Adrián, moi activo todo o partido, tivo as nosas ocasións máis claras.

Continuaba igual a segunda metade pero por fin chegaron os goles, obra de Adrián e David, dando a volta ó resultado e facendo xustiza ó que se estaba a ver no campo. Pero non houbo sentencia e as ocasións marradas por Adrián, cun tiro ó longueiro,Nogui ou David deron vida ó equipo silledense que presionou durante os últimos 5 minutos.
Destacar o partido de Manu, que chegaba co tempo xusto despois de participar no campeonato de cross interprovincial, e de Xandre, que vai a máis cada semana que pasa.

Callobre c.f.: Jonathan, Angel, Iván, Manu, David, Adrián, Xandre e Nogui.

25 ene 2010

Benxamín

Vitoria do equipo benxamín no último partido da primeira volta diante do At. Melide.
Non tiveron os nosos o seu mellor día pero un solitario gol de Manu dende fóra da área permitía sumar os 3 puntos. Iván, Anxo, Adrián ou David tiveron opcións para facer o segundo pero a bola non quixo entrar. Pola súa banda o equipo visitante soamente tivo unha ocasión, eso sí moi clara, ó pouco de comezar o encontro pero Jonathan salvaba o perigo cunha grandísima parada.

Pero agora vén a parte que menos nos gusta. Algunha patada a destempo, algún xesto despectivo...son cousas que, dentro do que cabe, quedan no partido pero o que non compartimos é que sendo a categoría de benxamíns se utilicen xogadores de maior idade...A todos nos gusta gañar pero o máis importante é que os rapaces compitan, aprendan e se divirtan, sexan mellores ou peores, vaian últimos ou primeiros. Por eso critico (e esto fago a título persoal sobre todo) a actuación do At. Melide con fichas do ano pasado e con rapaces do ano 99.NON TODO VALE.

O noso clube non vai presentar reclamación algunha, dános igual gañar por 1 que por 3, pero si creemos que hai que ser consecuente co que cada un fai...non podes reclamar e poñer patas arriba a competición alevín se eres ti o primeiro que non cumple as normas.

Marcos Piñeiro Puente. Adestrador Benxamín.

O equipo B pola súa parte caía derrotado por 4-3 no campo de Lalín nun partido no que os nosos deixaron unha boa imaxe.
Alberto, cun novo hattrick, foi o autor dos 3 goles dun partido no que os paos e a gran actuación do porteiro local impediron que os 3 puntos viñeron cara San Martiño.
Deixamos aquí o enlace da páxina web da EF Lalín na que tamén fan un pequeno análisis do encontro e amosan fotos de ambos equipos: www.eflalin.com

Callobre c.f.: Alex, Iván, Alejandro, Miluco, Sergio, Paulo, M. Anxo e Alberto.

17 ene 2010

Benxamín.

Chegou o día máis esperado polos nosos rapaces, o día do derbi entre os nosos equipos benxamíns no que o equipo A acabou vencendo por 1-3 cunha gran actuación de David que firmou os 3 tantos.



Foi un partido moi entretido e con fases de bo xogo no que o equipo B amosou que vai a máis cada partido complicando a vida do "A" nos primeiros minutos de cada parte. Pero ahí apareceu David para poñer en vantaxe ó seu equipo ata chegar con 0-2 ó descanso, goles nos que Alex pouco puido facer.

Na segunda metade seguírono intentando pero só Alberto conseguiu batir a Jonathan nos últimos minutos do encontro.

Pero, sen dúbida, o mellor do encontro foi o compañerismo dos rapaces, rivais por un día pero compañeiros toda a tempada. Para mostra a foto de familia.

13 ene 2010

Benxamín.

Mal partido o disputado polos nosos rapaces que despois de case un mes de parón, entre vacacións e partidos de descanso, voltaban á competición. Pero o reencontro non foi todo o bo que esperabamos.
Adiantábase o Lalín cunha boa xogada persoal ó cuarto de hora do comezo e despois dunha primeira parte igualada chegábase ó descanso co 0-1 no marcador e sen grandes ocasións para ningún equipo.
Ó pouco da reanudación o equipo do Deza facía o segundo despois dun erro no pase dos nosos rapaces que conseguían acurtar distancias por medio de Adrián.
Pero nos últimos 10 minutos baixón considerable do equipo que acababa caendo con contundencia.

Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Manu, David, Adrián, Iván, Pablo, Anxo e Nogui.

O equipo B tampouco puido traer os 3 puntos de Silleda. Comezaron os nosos moi blandiños e así o Silleda marcaba cada vez que se achegaba á meta de Alex, collendo 3 goles de vantaxe, co 3º gol moi protestado pola afición do noso equipo ó entender que fóra coa man. Pero entón os nosos despertaron e fixéronse donos do encontro. Alberto, cun doblete, poñía ó partido a man pero a falta de definición nos últimos 5 minutos impediu a remontada.

Callobre c.f.: Alex, Iván, Alejandro, Miluco, M.Anxo, Paulo, Pedro, Alberto e Sergi.

6 ene 2010

Benxamín.

Non puideron os nosos rapaces conseguir un resultado positivo na visita do Touro.
Empezaron ben as cousas cando M.Anxo, logo dunha gran xogada, facía o primeiro gol nada máis comezar o encontro pero a superioridade física do Touro pasou factura con xogadores de 2ª ano moito máis grandes cos nosos e algún de eles moi bo futbolista.
Tres goles en pouco máis de 5 minutos e o partido quedaba a favor do equipo coruñés.
A segunda metade resultou moito máis igualada, Alberto e M. Anxo tiveron opcións de conseguir algún tanto máis pero non houbo sorte e o Touro levou os 3 puntos con merecimento.

Non se deben desanimar os rapaces que están sufrindo na chegada ó f-7 e pero que están adestrando cada vez mellor. Estamos convencidos de que o ano que vén será o noso...

Callobre c.f.: Joni, Alex, Alejandro, Miluco, Iván, Sergio, Alberto, Paulo, Pedro e M. Anxo.