Rematou a competición no categoría benxamín con distinta sorte para os nosos equipos.
O equipo A viaxaba ata Melide onde conseguía vencer por un claro 1-6 que mostra a superioridade dos nosos durante todo o encontro. Adrián, David (2), Manu, Iván e Anxo facían os tantos dos nosos.
Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Manu, David, Iván, Anxo, Nogui e Adrián.
O equipo B, pola súa parte, caía derrotado en San Martiño diante do EF Lalín C por un axustado 4-5. Empezou mal o partido e o equipo visitante facía 3 goles en 10 minutos e poñía terra de por medio no encontro. Pero antes do descanso, cun gran Iván comandando ó equipo, conseguimos empatar. Os visitantes conseguían de novo vantaxe de 2 goles e Alberto, de falta directa, poñía o 4-5 (Iván (2), Alberto e Miluco).
Iván, con 2 claras ocasións, ou Alberto puideron facer o empate pero non houbo sorte.
Gran final de campaña dos rapaces de Luis que levaban 5 semanas sen coñecela derrota.
Callobre c.f.: Alex, Sergio, Iván, Miluco, Alejandro, Paulo, Jose, Pedro, M. Anxo e Alberto.
Felicitar dende aquí a tódolos rapaces polos seus progresos e polas súas gañas nun ano que sabiamos que ía ser complicado pola falta de xogadores de segundo ano. Agora a seguir adestrando e a gañarse a convocatoria para os torneos.