Derrota do equipo de benxamíns diante do 2º clasificado, a EF Lalín "b".
Non fixeron os nosos unha boa primeira metade na que o equipo do Deza se amosou superior ós rapaces de Pacheco pero sen dispor de demasiadas ocasións. Só o seu número 9, pichichi da categoría,cun gran gol batía por primeira vez Jonathan. Un tiro lonxano que parecía marchar fóra e que se colou despois de dar no pao permitía o equipo local adquirir vantaxe de 2 goles.
Foron mellores os nosos durante a segunda parte na que dispuxeron de ocasións suficientes como para meterse no partido pero un corner a favor que acabou en gol en contra e o posterior saque de centro e pérdida de balón na área botaba por terra o bo traballo feito ata ese momento.
Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Angel, Manu, David, Adri, Anxo, Nogui.
O equipo B caía tamén diante do At. Melide nun partido no que os nosos foron moi superiores pero no que a falta de tino á hora de buscar portería foi determinante para acabar sucumbindo.
Alberto poñía ós nosos en vantaxe e Iván, Miluco ou M. Anxo tiveron a posibilidade de sentenciar pero non puido ser e nun visto e non visto o equipo local remontaba e o partido remataba.
Callobre c.f.: Alex, Alejandro, Iván, Pedro, Paulo, Jose, Milu, M. Anxo, Alberto e Sergio.