12 feb 2010

Prebenxamíns

E chega o turno dos máis pequenos, os nosos prebenxamíns,nados no 2002-2003, que como cada ano comezan a competir en fútbol-sala dentro de campionato que organiza a Asociación de Veteranos de Santiago de Compostela.
Inmersos na competición de copa e divididos en grupos por idades os rapaces adestrados por Marcos(primeiro ano) e Iago(segundo ano) conseguiron arrincar unha victoria e un empate respectivamente.
Sen dúbida trátase dunha idade no que o único importante é que os nenos se divirtan e vaian aprendendo e ben seguro que se divirten...e os pais tamén.

Nesta semana os PB2, que viñan de golear 10-0 na primeira xornada, empataban a 3-3 diante do Amio con goles de Pablo(2) e María mentres que os PB1 vencían por 2-0 con tantos de Pablo Sanmartín e Brais.

Callobre c.f. PB1:Brais, Iker, Jorge, Julián, Iria, Pablo, Brais e Paulo.
Callobre c.f. PB2: Vitor, David, Pablo, Diego, Dani, Rafa, Julián, María e Lois.