Mostrando entradas con la etiqueta Prebenxamíns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Prebenxamíns. Mostrar todas las entradas

3 dic 2010

Prebenxamíns.

Victoria e empate dos "pre" en Santiago.

Os pequenos de segundo ano voltaban a vencer, esta vez por 0-3, con hattrick de Rodrigo e seguen invictos e imbatidos e dando mostras do que poden chegar a facer unha vez a competición vai desenvolvéndose.


Mentres, os rapaces de 1º ano, daban a sorpresa e conseguían empatar diante do La Salle A cun marcador de 6-6, con 5 goles de Pablo Sanmartín e outro de Hugo. Sen dúbida que estos rapaciños darán moito que falar...por fútbol e por gañas.

¡A seguir así!

24 abr 2010

Prebenxamíns.

No fin de semana pasado conseguiron os nosos prebenxamíns resultados diferentes.
No que ós máis pequenos se refire caían derrotados por 4-0 nun partido no que as cousas non saíron e non houbo opción de victoria.
Os prebenxamíns de 2º ano pola súa banda conseguían vencer por ese mesmo resultado. Pablo, cun hattrick, e Vitor facian os nosos tantos. Agora entramos na fase de eliminatorias que comezan este fin de semana.

26 feb 2010

Prebenxamíns

Volveron á competición os máis pequenos despois do parón polos Carnavales e fixérono con victoria por 2-1 dos PB2 e derrota por 1-4 dos PB1.
O equipo dirixido por Iago desfacíase desta vez do La Salle nun partido no que conseguiron tocar moito o balón e só a falla de puntería fixo que o partido se sentenciara con anterioridade. Pablo e Diego foron os autores dos tantos nun partido que contou con debut de Adrián.

O equipo de Marcos caía, pola súa banda, diante do Boqueixón que aproveitou mellor a o maior corpulencia dos seus rapaces. Paulo foi o encargado de facer o tanto da honra dos nosos.

Nesta semana,en previsión do temporal, a xornada queda suspendida.

12 feb 2010

Prebenxamíns

E chega o turno dos máis pequenos, os nosos prebenxamíns,nados no 2002-2003, que como cada ano comezan a competir en fútbol-sala dentro de campionato que organiza a Asociación de Veteranos de Santiago de Compostela.
Inmersos na competición de copa e divididos en grupos por idades os rapaces adestrados por Marcos(primeiro ano) e Iago(segundo ano) conseguiron arrincar unha victoria e un empate respectivamente.
Sen dúbida trátase dunha idade no que o único importante é que os nenos se divirtan e vaian aprendendo e ben seguro que se divirten...e os pais tamén.

Nesta semana os PB2, que viñan de golear 10-0 na primeira xornada, empataban a 3-3 diante do Amio con goles de Pablo(2) e María mentres que os PB1 vencían por 2-0 con tantos de Pablo Sanmartín e Brais.

Callobre c.f. PB1:Brais, Iker, Jorge, Julián, Iria, Pablo, Brais e Paulo.
Callobre c.f. PB2: Vitor, David, Pablo, Diego, Dani, Rafa, Julián, María e Lois.