Volveron á competición os máis pequenos despois do parón polos Carnavales e fixérono con victoria por 2-1 dos PB2 e derrota por 1-4 dos PB1.
O equipo dirixido por Iago desfacíase desta vez do La Salle nun partido no que conseguiron tocar moito o balón e só a falla de puntería fixo que o partido se sentenciara con anterioridade. Pablo e Diego foron os autores dos tantos nun partido que contou con debut de Adrián.
O equipo de Marcos caía, pola súa banda, diante do Boqueixón que aproveitou mellor a o maior corpulencia dos seus rapaces. Paulo foi o encargado de facer o tanto da honra dos nosos.
Nesta semana,en previsión do temporal, a xornada queda suspendida.