Derrota do equipo benxamín A na visita ó MA Cortizo de Lalín.
Despois de 3 semanas de parón por culpa das vacacións de Semana Santa e o partido de descanso voltaron os nosos á competición nun encontro perdido por 10 minutos de inspiración local.
Adiantouse o equipo local ós 10 minutos pero pouco tardaron os nosos en conseguir empatar. Entre os minutos 15-25 entramos nunha páxara que permitiu ó equipo dezán marchar con suficiente renta ó descanso (5-1).
Pero na segunda metade foron os nosos rapaces moi superiores acercándose a un tanto (5-4) e contando con opcións claras de levar o encontro nos pés de Anxo, Adri ou Nogui. Ó final derrota pero partido dos que gustan polo apretado e as alternativas e no que contabamos coa máis que importante baixa de Manu, un dos 3 xogadores de último ano que hai nos 2 equipos benxamíns.
Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Angel, Iván, Adri, David, Anxo e Nogui.
Goles: Anxo(2), David e Adri.
O equipo B pola súa banda conseguía encadear a súa 3ª semana sen coñece-la derrota empatando diante do Silleda nun encontro que merecemos gañar con claridade pero a a falta de acerto durante a primeira metade impediuno.
Alberto, M.Anxo, Miluco, Iván ou José tiveron ocasións suficientes como para sentenciar durante a primeira metade mentras Alex só tiña que desbaratar 1 boa ocasión visitante. Sen embargo, no tempo de lecer 0-0.
Empezamos a segunda mandando de novo e abrindo por fin o marcador. Pero 2 xogadas desgraciadas facían que nun minuto o Silleda adquirira, sen merecelo, vantaxe. A partir de ahí, remontada dos nosos (3-2), novo empate e outra vez por diante (4-3) ata que a falta de 1 minuto un balón colgado o que non chega Alex permite a igualada dos visitantes. Aínda houbo tempo para que Iván, nun man a man co porteiro, deixara a victoria pero o cancerbeiro silledense, o mellor do seu equipo de largo, conseguía, outra vez, deter o tiro e amarrar un punto.
Callobre c.f.: Alex, Sergio, Iván, Miluco, M.Anxo, Alberto, José , Alejandro e Pedro.
Goles: Alberto(2), Iván e Miluco
Este sábado toca o partido entre os nosos, un derbi no que os nosos darán un bo espectáculo e que terminará cunha pequena festa entre tódolos rapaces e pais...como ten que ser.