Meritorio empate o conseguido polo equipo benxamín A diante do Sp. Estrada, 3º clasificado.
Foi o do domingo un partido moi disputado, no que os nosos voltaron a amosar moitas gañas de face-las cousas ben. Anxo, ó pouco de comezar, facía o 1-0 despois de loitar coa defensa do Sporting e recuperar o balón ata deixalo dentro do marco.
Sen embargo, o equipo visitante conseguía empatar mediante un golazo de falta ante o que Jonhy pouco podía facer. Así ó descanso, 1-1.
Na segunda parte houbo ocasións para os 2 equipos: Adri, cun tiro por enriba do longueiro, David, con gol anulado(e moi discutido pola afición) ou Anxo puideron facer o segundo pero tamén Jonathan facía 2 paradas de moito mérito.
Xusto reparto de puntos e agora a terminar con bo sabor de boca na visita a Melide, onde esperamos non ocurra o mesmo que na primeira volta....
Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Manu, Ángel, Iván, David, Adrián, Anxo e Nogui.
O equipo B, pola súa banda descansaba.