5 may 2010

Cadete. Amigable

Bo partido o xogado polos cadetes onde se demostrou que de non ser pola falta de continuidade no xogo e as lesións poderiamos ter rematado nunha posición máis alta ó remata-la competición.
Último amistoso antes de iniciar a Copa e como rival o Xuv. Oroso, campión no noso grupo, e que rematou co resultado a favor de 4-2 nun partido no que non lle deixamos desplegar o seu xogo pois nos estabamos moi rapidos e atentos.
Os goles foron anotados por parte de Xurxo primeiro, despois Alex, por partida dobre e por ultimo Detena na súa primeira tempada xogando e o seu primeiro gol como xogador do Callobre. Agora toca descansar e prepararse cara a Copa en partido unico diante do Tordoia.

Alineación: Fabio, Yago, Xian, Detena, Ruben, Berto, Jaco, Tosar, Javi, Alex, Xurxo
Tamén xogaron: Manu, Diego, Fon, Calvis, Miguel, Eloy