26 may 2010

Memorial Milucho e Alfonso.

Bo papel o dos nosos benxamíns no Memorial Alfonso e Milucho disputado o pasado sábado no campo Municipal de Figueroa.
Sabiamos do complicado dos rivais que nos tocaran no grupo e as nosas previsións non erraron. Comezamos o torneo diante do Cruceiro A e chegando a poñernos por diante grazas a un gol en xogada de estratexia de Adri. Pero o equipo de Cangas achuchaba e conseguiu darlle a volta ó marcador.
O seguinte partido o rival era un dos favoritos para o título e finalmente 3º clasificado, a EF Luis Calvo que non concedeu opción aos nosos e apoiados no mellor xogador do torneo, así elexido polos adestradores, levaban o partido con claridade.
E finalmente o Abanqueiro, tamén bo equipo pero que non conseguiu sentenciar ata os últimos 3 minutos (2-0).
Así que chegabamos a fase de consolación e o rival de turno un dos equipos da EF Lalín que durante todo o ano mandaron na Liga...pero os nosos rapaces amosaron as súas cualidades e endosaronlle un 4-0 con actuación estelar de Adrián, autor dos 4 goles.
Nas semifinales o rival foi a EF Portero 2000, bo equipo tamén ó cal derrotamos por penalties (David, Manu e Miluco) despois dun partido moi igualado con ocasións para os 2 bandos.
E na final de novo o Cruceiro de Hio, o que demostra a dificultade do grupo, que de novo nos vencía por 2-1 (Alberto) pero vendendo moi cara a derrota.
Un dez para os rapaces dos que só Manu e David eran de 2º ano e que demostraron que nos van a dar moitas alegrías.

Participaron no torneo: Jonathan, Sergio, Manu, Milucho, David, Iván, Xandre, Alejandro, M. Anxo, Adrián, Anxo, Alberto..