Comenza este último partido de liga gardando un minuto de silencio na honra do noso benquerido Barros que nos abandonaba, home que tanto e tanto fixo polo noso equipo desinteresadamente perante moitos anos.
Despois de este emotivo minuto de silencio comenzan os nosos rapaces mostrando o guión que Guille marcara para este partido, chegando xa a primeira ocasión de gol ós dez segundos do arranque por medio de José que envía o balón ó poste para, na seguinte xogada remachar o primeiro gol cando aínda non transcurrira o primeiro minuto de xogo. Sigue o dominio absoluto dos nosos o que nos trae outros tres goles máis por medio de Dani, Cristian e José, rematando a primeira parte con 4 a 0 para nós.
Na segunda parte sigue o dominio abrumador do noso equipo que nos trae outros catro goles máis que materializan Miguel, Rafa e John, éste por partida doble, cerrando o partido co resultado final de 8 a 0 para os nosos rapaces.
Sería ilóxico nombrar a algún rapaz en particular como destacado esta xornada, xa que todos os que saltaron ó campo fixérono en equipo e a un gran nivel, circunstancias éstas que se traduciron nesta contundente victoria para o noso equipo.
Alineación: Adrián, Dani, Iván, John, David, Hector, Miguel, Cristopher, Rafa, Cristian e José.
Tamén xogaron: Iago, Manu e Jacobo.
Goles: John (2), José (2), Rafa, Dani, Cristian, e Miguel
Agora que a liga tocou o fin, non queda máis que facer balance dende que aquela calurosa tarde do día 13 de agosto empezamos a nosa singladura por este grupo 7º da primeira autonómina infantil. Despois de esta longa travesía ó longo dos meses, e despois de alguna que outra discrepancia e feitos que polo ben do colectivo non se deberían de repetir no futuro, non queda máis que darlle a todos os xogadores unha gran felicitación pola súa entrega nos adestramentos e partidos, por asumir as derrotas en partidos que se deberían de haber ganado, derrotas que nunca os desanimaron e que si lle deron as forzas suficientes e o afán de superación necesario hasta chegar á senda dos triunfos, creando entre eles un grupo de amigos que oxalá se prolongue perante moitos anos.
Facer tamén extensible esta felicitación ó noso adestrador Guille quen se fixo cargo do equipo quedando sete partidos para a finalización da tempada, poñendo pola súa parte moita entrega e dedicación a este grupo de rapaces en estos casi dous últimos meses de competición.
Cómpre tamén non olvidarse de Moncho, a quen dende aquí lle damos as gracias pola súa dedicación e traballo nos oito meses que estivo ó cargo do equipo.
E como non, gracias tamén ás nais, pais, irmáns, etc pola súa paciencia e colaboración o que fixo que os nosos fillos disfrutaran deportivamente perante todos estos meses.
Ahh... E compre tamén non olvidarse do noso “cantineiro” e subdelegado D. Ramón que, gracias ó seu traballo na sombra fixo que, nos días de frío o café estivese quente e a punto, e os días de calor as Mahou frescas. Para el gracias polo seu gran traballo desinteresado.
Gracias a todos, pois con esto o que se consigue e unha gran familia: a do CALLOBRE C.F.