Mal partido o disputado polos nosos rapaces que despois de case un mes de parón, entre vacacións e partidos de descanso, voltaban á competición. Pero o reencontro non foi todo o bo que esperabamos.
Adiantábase o Lalín cunha boa xogada persoal ó cuarto de hora do comezo e despois dunha primeira parte igualada chegábase ó descanso co 0-1 no marcador e sen grandes ocasións para ningún equipo.
Ó pouco da reanudación o equipo do Deza facía o segundo despois dun erro no pase dos nosos rapaces que conseguían acurtar distancias por medio de Adrián.
Pero nos últimos 10 minutos baixón considerable do equipo que acababa caendo con contundencia.
Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Manu, David, Adrián, Iván, Pablo, Anxo e Nogui.
O equipo B tampouco puido traer os 3 puntos de Silleda. Comezaron os nosos moi blandiños e así o Silleda marcaba cada vez que se achegaba á meta de Alex, collendo 3 goles de vantaxe, co 3º gol moi protestado pola afición do noso equipo ó entender que fóra coa man. Pero entón os nosos despertaron e fixéronse donos do encontro. Alberto, cun doblete, poñía ó partido a man pero a falta de definición nos últimos 5 minutos impediu a remontada.
Callobre c.f.: Alex, Iván, Alejandro, Miluco, M.Anxo, Paulo, Pedro, Alberto e Sergi.