Importante victoria do equipo xuvenil na visita ó campo do Furia pese a que non empezaron ben as cousas pois o equipo local conseguía adiantarse no marcador durante a primeira metade sen que os nosos puideran dá-la volta ó marcador.
Pero as cousas cambiaron na segunda metade na que os rapaces de Dani fixeron boa a súa superioridade e materializaron algunha das ocasións das que dispuxeron ata conseguir vencer por un claro 1-3.
Yván, Gabo e Jorge facían os goles do equipo que segue a contar por victorias os encontros da 2ª volta.
Marcos, Esteban, Miguel, Bieito, Gabo, Jorge, Suizo, Portillo, Ruby, Andorrano, Sergio
Tamén xogaron: Yván, Martín, Juan, Diego e Dani.