14 ene 2010

Cadetes.

Nova victoria do equipo cadete que dá un pasiño máis na dura loita polos postos de arriba.
Visitaba o campo de San Martiño o San Mamede, equipo da zona baixa, que non dudou en meterse atrás para intentar sacar algo positivo pero os nosos tiveron paciencia e gañas suficientes para intentar xogar o balón e aproveita-lo momento.
Alex e Javi C. fixeron os tantos dos nosos nos primeiros 40 minutos.
A segunda metade transcorría igual, moita posesión local e os rapaces visitantes defendendo como podían.
Pero non houbo máis goles, aínda que si ocasións marradas, entre elas un penaltie.

Agora toca cargar as pilas para afrontar os partidos que se aproximan contra tódolos rivais da parte alta.

Callobre c.f.:Manu, Eloy, Yago, Cofan, Berto, Brais, Jaco, Tosar, Xurxo, Javi, Alex.
Tamen xogaron: Fabio, Ruben, Calvix, Miguel, Diego