Chegou a segunda derrota da temporada, esta vez diante dun equipo moi batallador e competitivo.
Malia a esos dous apelativos os nosos foron merecedores de traer algo máis proveitoso do campo Municipal de Brión.
A primeira mitade foi ampliamente dominada polo Callobre pero unhas veces polas moi boas actuacións do seu porteiro (dende aquí non queda máis que felicitalo pola súa labor), outras veces por erros dos nosos na definición final e en dúas ocasións os postes, foron cirunstancias suficientes para non conseguir o ansiado gol. Si o conseguiron eles nunha das poucas aproximacións que fixeron á nosa porteria e nun man a man con Adrián subiu o primeiro gol ó marcador coa complicidade do árbitro que pasou por alto a falta previa non sinalada.
Na segunda metade continuou a mesma tónica, cun dominio se cabe máis intenso dos nosos pero coa salvedade de que a defensa de eles era cada vez máis agresiva para parar as nosas acometidas. Cando máis apretábamos para conseguir o empate chegou o segundo gol que xa foi insalvable para nós.
Non cabe máis que felicitar ós nosos rapaces pola súa entrega e loita perante todo o partido e sobre todo tendo en contra as circunstancias adversas da agresividade dos contrarios e unha permisibilidade total do árbitro. Non queda máis que olvidarnos canto antes e empezar a pensar na próxima xornada. Forza rapaces.
Alineación: Adrián, Manu, Iván, David, Jacobo, Miguel, Rafa, Xián, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Hector, Cistopher, Estela e Rubén.