18 nov 2009

Benxamín. 5ª xornada.

Derrota do equipo benxamín diante do Sp. Estrada “A” na 5ª xornada de liga.
Mal partido dos nosos rapaces que só se amosaron con gañas durante os primeiros 15 minutos nos que aguantaron o 0-0 e tiñeron algunha ocasión de poñerse por diante nos pés de David e Adrián.
Pero un tiro lonxano pegado ó longueiro permitía ós locais abri-la lata e a partir de ahí ós nosos baixaron os brazos. Dous goles de falta, un en cada tempo, e o partido quedaba sentenciado. Iván e David pudieron facer o tanto da honra pero non houbo sorte e agora a agradar a visita do Touro.

Callobre c.f: Jonathan, David, Xandre, Manu, Ángel, Adrián, Iván e Nogui.

Toda unha exhibición de goles a vivida o sábado no MA. Cortizo de Lalín no que o noso equipo “B” perdía por 11-6 diante do primeiro equipo do Deza.
Saiu moi forte o Lalín que cada vez que se achegaba facía moito perigo o cal lle valeu para coller unha vantaxe de ata seis goles. Pero a partir da segunda metade o partido igualouse e os goles foron caendo en ambas porterías. Alberto, con 5 dianas, e Miluco fixeron os tantos visitantes dun moi entretido encontro.

Callobre c.f.: Alex, Alejandro, Pedro, Paulo, Miluco, M. Anxo, Alberto, Sergio