23 mar 2010

Infantil.

Unha primeira parte deslabazada dos nosos rapaces fixo que fósemos ó descanso con 1 a 4 para o Dubra, segundo clasificado da categoría. Na segunda parte cambiou por completo a decoración, e o que se presupoñía de desánimo e desmoralización dos rapaces non foi así, xa que saíron a competir da maneira máis decorosa posible. Pasamos a dominar o partido dende o inicio, e fruto deste dominio chegan as ocasións unha tras outra que non se consiguen materializar, destacando entre éstas dous tiros ó longueiro, un libre indirecto por cesión a escasos tres metros da linea de gol e incluso un penalti errado, conseguindo eles pola contra outro gol que supoñía o 1 a 5 definitivo.
Non cabe a menor duda que os acontecimientos e circunstancias vividas nos últimos días influiron negativamente no rendimiento dos nosos rapaces, pero de seguro que despois de estos días de reflexión e unha vez que cada quen sacara as pertinentes conclusións, voltaremos a ser ese equipo que representamos que non é outro que a Categoría Infantil do CALLOBRE, C.F.

Alineación: Adrián, Manu, Xián, Iván, David, Dani, Rafa, Hector, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Iago, Estela, Jacobo e Christopher.