Foi un partido moi aberto o que se xogou en San Martiño o sábado, sendo o dominio superior por parte do Bertamiráns que tivo máis posesión de balón que os nosos rapaces perante a maior parte do partido. Malia a ese dominio adiantámonos ós poucos minutos de xogo cun gol de José. Xa bastante entrada a primeira mitade é castigado o noso equipo cun penalti bastante riguroso diante do que Iago nada pode facer, para no último minuto da primeira metade conseguir eles o segundo gol, un de eses goles psicolóxicos que deixan ós rapaces moi desanimados.
Na segunda metade segue o dominio dos visitantes e os nosos a defenderse agardando unha contra, a que chegou nos últimos minutos cunha saída fulgurante de José dende o noso campo ata a súa portería saindo o balón cerca do poste, para na seguinte xogada conseguir eles o terceiro gol gracias a un balón que é desviado involuntariamente de cabeza por David ante o que Adrián nada pode facer.
Malia a derrota colleitada non queda máis que darlles felicitacións ós rapaces polo partido xogado, xa que teremos en conta que enfrente estaba un dos equipos punteiros do grupo, e nós con un soio cambio para facer.
A seguir así con esas ganas que estades a poñer que os resultados están próximos a chegar.
Alineación: Iago, David, Christopher, Jacobo, Manu, Hector, Iván, Cristian, Rafa, Xián, e José.
Tamén xogaron: Adrián.
Goles: José.