11 nov 2009

Infantil. 5ª xornada

Voltou o equipo infantil á senda do triunfo, esta vez diante do Milladoiro, brindándonos un agradable partido que nada tivo que ver co disputado a semana pasada frente ó Esquio.

Saltaron os rapaces ó campo moi motivados e cunhas ideas moi claras do que querían, dando como fruto a chegada o primeiro gol ó pouco de empezar o partido por medio de José. Foi a máis o dominio dos nosos e chegamos ó final da primeira metade con 4-0 e cun moi bo sabor de boca..

A segunda metade baixou un pouco a intensidade do partido debido fundamentalmente ó mal estado do terreo e á non presenza de rapaces no noso banco, no que só Rubén agardaba o seu turno. Aínda así foron quen de marcar 2 goles máis, finalizando o partido con 6-1 para o Callobre.

A seguir así rapaces que, con esa actitude de loita, entrega e sobre todo o traballo en grupo amosado, de seguro que nos ides a dar a todos moitas alegrías como a do sábado.

Alineación: Adrián, Manu, Dani, Iván, David, Miguel, Rafa, Xián, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Rubén.

Goles: José (3), Cristian (2) e Rafa.