Dolorosa derrota a sufrida polo equipo cadete na visita dun dos rivais fortes do campeonato.
Empezaron moi fortes os nosos e durante 15 minutos presionaron e foron moi superiores ó Peleteiro pero coma por arte de maxia as forzas desapareceron e o equipo visitante, sen facer nada salientable, fíxose co partido e nos 5 últimos minutos da primeira metade anotou 2 goles que deixaron moi tocados ós rapaces de Patxi e Guillermo.
Máis do mesmo na reanudación, querer e non poder para ó final acabar derrotados por un contundente 0-4.
Toca resarcirse no derbi diante do Sporting.
Alineacion: Manu, Ruben, Fabio, Cofan, Detena, Jaco, Javi, Brais, Fon, Xurxo, Alex.
Tamén xogaron: Alberto, Yago, Calvix, Diego, Martin.